Lun, 26 Nov 2007, 19:45
Asunto:
Agora, despois de descansar e de que pasase o resacón creo que podo falar un pouco da noite do sábado.
Creo que a cea reultou ben, salvo algún defectiño que haberá que solucionar o resto foi máis ou menos como o planeamos. No que respecta a comida:¡Moito mellor que o planeado!!! A min houberame gustado que viñera moita máis xente de fora do Car. Agora ben, os que estaban para min xa case son da familia, e non me refiro só os de Santiago. Non sei que vai pasar se algún día se disolve o Car, porque eu xa os boto de menos e os mércores vou a ver como entrenan...boa xente esta!!!(Xa está ben de peloteo!).Nos postres houbo unha pequena sorpresa, (incluidos os do CARSantiago) ca entrega duns premios, medio cachondos, pero con moito cariño. Cómo dixo o portavoz do xurado todos merecíamos un premio, pero hai limitacións, enton o xurado, nada imparcial, repartiu tres premios (que evidentemente caeron en xente do CARSantiago)
. A maiores .e este un pouco máis en serio, entregouse o premio de Persoeiro do ano, o xurado o ser a primeira vez tíñao doado: o premio concedeuselle o señor
Admin, que gracias a él estamos a vivir esta experiencia. Recolleu o premio no seu nome o forero
Cecebre.Despois dunha cea agradable tocou un pouco de bailoteo, e aquí hai que dar as grazas a
Gallego polo trato esquisito que tivo con nós (non é que non o merezamos...pero non tiña por qué). Os reises da pista sen dúbida
Banderas e
Charly, aínda que creo que
Piti non lles foi moito a zaga. E así se foi a noite, entre baile,charla,copa,algunha tontería,máis baile,máis copa...
Agradecer os instigadores a idea e que vaian preparando a do ano que ven porque creo que estas cousas valen realmente a pena.
Bicos para todos.