Foros ›
Autor
Mensaxe
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 31 Xul 2016, 21:53
Asunto: Re: Precio de las carreras

memphis_ESP, xa dixen arriba que non é esa proporción de 12000, que hai unha gala e unha proba que acarrea moitos gastos (o triple) incluida nese convenio que é a San Silvestre. Ademais esas partidas que fas son incorrectas, non hai 2500 euros de dorsal chip, eso é na San Silvestre e hay gastos que non aparecen contemplados ahí, como dixen. Os chips son doutra proba. Non imos a presupuestar cada proba, descoñezo ese dato exacto, pero non todas costan o mesmo. Sen ir mais lonxe a nocturna costará o dobre ou triple que esta. Mais participante = mais gasto. Pero eu non son o responsable dos orzamentos, ollo!. Creo que com o participante que son pareceme un regalo pagar 16 euros por un circuito e anotar aos meus fillos (2) de xeito gratuito (non nos olvidemos dos nenos que tamen son participantes).
Apertas Guiño

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
947 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 01 Ago 2016, 8:50
Asunto: Re: Precio de las carreras

Estou dacordo en que a San Silvestre conleva máis gastos. Da mesma forma, conleva máis ingresos en inscricións.
As contas que puxen, son moi a ollo. Entendo que indo por arriba. Por exemplo, a cronometraxe rondaría a metade. Pódese comprobar aquí: www.atletismogalego.or...-2015.docx

Tamén estou dacordo en que 16€ polo circuito é un bo prezo.

A min o que me preocupa é quen se beneficia deses 60.000€ públicos, e de qué forma.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 01 Ago 2016, 14:36
Asunto: Re: Precio de las carreras

Beneficiar? Bufff Dudoo moito. Eu non desde logo!! jajajaja. Pero bueno, coñezo probas de 2000 persoas, sólo "1" que ten orzamentos superiores a este circuito. A min 60000 euros para 4 probas, 1 gala e unha carreira san silvestre me parece totalmente coherente. E se coñeces os orzamentos que manexaban noutras cidades como A Coruña poderias alucinar. Poño un exemplo, e xa non falo máis que creo que non imos a ningures (con respeto, ollo!) . Redes sociais: en A Coruña teñen redes sociais só para os eventos como Coruña 10 ... empresas e xente que cobra por eses servicios. Tanto en facebook, instagram, twitter ... SAbes quen leva eso en Santiago? Un que non cobra por elo Guiño . E xa non digo máis, pero de verdade que te equivocas e o digo desde o profundo respeto e con coñecemento de causa.
Apertas amigo.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 8:28
Asunto: Re: Precio de las carreras

Encontrei o fío.
Se fai moito fincapé en falar do prezo das carreiras por aquí, pero o final ninguén o fai, se modera o comentario, e se indica que se realice no seu propio fío, pero cando iso sucede, aquí non escribe ninguén.
Eu escribín no fío da carreira, e volto a facelo aquí.

Quero falar da "Subida o Castro", en Vigo, onde a información e o regulamento da proba e o básico, onde o prezo da carreira o deciden eles, e cada un que vaia e faga o que lle pete, pero o que xa empeza a ser un cachondeo, e que en carreiras se cobren 2€ por correr os nenos.
Non é como outras, Invasión Celestes, que é unha fundación, e se supón que a algún sitio van ir doados e fomentar algo que non está claro....
Aquí 2€ para a saca, sen indicar nada dun regulamento irrisorio, onde non se pon nin onde é a saída desa carreira.
Pero o que da mais noxo, é que esta proba está no circuíto RunRunVigo, onde o concello debería facer algo. Porque por o que sei, o concello financia parcial ou totalmente a inscrición é o chip, por iso se cobra o mesmo nesas probas os que temos chip en propiedade como os que non o teñen, sendo isto lucrativo para o organizador.

Paro porque me quento...
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
947 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 9:03
Asunto: Re: Precio de las carreras

Estou dacordo con sanmikel en que esto parece tema tabú no foro.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 10:01
Asunto: Re: Precio de las carreras

Ou a "xente" non considera un problema Pensando a deriva que está a levar o sector.

Esto é como na política e outros ordes da vida: moita queixa genérica pero despois seguimos coas mesmas decisions

-- Chámame "ghose"
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
947 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 10:04
Asunto: Re: Precio de las carreras

Si, tés razón.
Jose72

Maratoniano
Maratoniano
4/06/09
0 Carreiras
199 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 11:28
Asunto: Re: Precio de las carreras

Sin referirme a ningunha carreira en concreto, e sin ler este fío, só os últimos comentarios. E lendo outras críticas pasadas referidas ós precios das carreiras, eu non acabo de entender que se critique a unha organización porque unha carreira lle deixe algo de lucro, millonarios non se vai facer, con sorte sacan algo de tallada. Tamén a pouca xente coñezo que traballe gratis
Moussambani

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/10/07
0 Carreiras
1492 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 11:51
Asunto: Re: Precio de las carreras

Estou completamente dacordo contigo no tema do chip en propiedade. Hoxe en día é unha tontería telo en propiedade porque non te da ningunha vantaxe, e se o perdes, como lle pasou xa a algunha xente, paga de novo se queres.

En canto ao prezo da Subida ó Castro, eu aquí si que entendo que como é unha empresa organizadora de eventos a que xestiona a carreira o fagan como un negocio, ningún vai traballar de balde.

No caso das fundacións e carreiras benéficas, sí que sería interesante saber o recaudado e a cantidade doada. Por exemplo a organización da carreira "Vigo contra el cáncer" sí publica estes datos, e o fixo tamén a organización da carreira "Ponle freno" que se disputo en xuño.

"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)
pacucha

Maratoniano
Maratoniano
22/04/15
20 Carreiras
20 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 12:06
Asunto: Re: Precio de las carreras

Estou dacordo que o faga unha empresa de eventos pa facer negocio, porque
ninguen traballa de balde, pero enton sobra a financiación do concello, si e que un negocio.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 12:10
Asunto: Re: Precio de las carreras

pacucha escribió:
Estou dacordo que o faga unha empresa de eventos pa facer negocio, porque
ninguen traballa de balde, pero enton sobra a financiación do concello, si e que un negocio.

Eso es porque no tenéis ni idea de los costes. Sin financiación de los Concellos y otros colaboradores habría que pagar mucho mucho mucho (pero mucho) más.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 12:20
Asunto: Re: Precio de las carreras

Os concellos financionan o 99.99% das probas. Protección Civil, Policía Local... iso como mínimo.. iso ten un coste altísimo, que se tivese que repercutir na inscripción deixarímos de correr seguro.
Creo que lin nun artigo fai pouco, que no Behobia, o que supoñía o corte de tráfico e os soldos das persoas implicadas, sobrepasaba o millón de euros.
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 12:26
Asunto: Re: Precio de las carreras

Entonces paramos de correr y nos vamos todos a esquiar que seguro sale más barato. ¡Donde va! Ríndose

Homo homini gallicus canis
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
947 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 12:59
Asunto: Re: Precio de las carreras

DoctorSlump escribió:

Eso es porque no tenéis ni idea de los costes. Sin financiación de los Concellos y otros colaboradores habría que pagar mucho mucho mucho (pero mucho) más.

Ese é o primeiro punto: a xente non sabe o que costa un evento. E a xente que está metida en organizacións dedícase a defender sen aportar datos. ¿Cal é o problema? Que chega a San Silvestre e resulta que pagas 6€, a mesma cantidade que outras carreiras do dobre de kms, con máis servicios e menos participación. E á xente non lle dan as contas, e aínda porriba ves no periódico que o concello pon miles de euros no evento.

Temos medias maratóns que van desde os 10€ ós 30€ e 10km que van desde os 0€ ós 10€. Nunhas vés xantado, cunha morea de regalos... noutras vés cunha botella de auga e con sorte unha mazá...

A min que a asociación de arados de ferro de Galicia (AAFG) Mr. Green monte unha carreira co obxetivo de obter un beneficio para invertilo en restaurar arados para exposicións, paréceme fenomenal. Agora, é moi distinto cando hai ferro público de por medio, na miña opinión.

E digo máis, este tema é fácil de rematar con él. As contas do CorreSan á vista de todos e punto.
mariooterodiaz

Maratoniano
Maratoniano
13/05/13
80 Carreiras
26 Mensaxes
Compostela
Respostar citando Envío Mér, 07 Dec 2016, 13:38
Asunto: Re: Precio de las carreras

As propias administracións que financian, de unha ou outra forma, estes eventos, deberían obrigar aos organizadores a facer publicas as contas. Transparencia e bo goberno creo que lle chaman os políticos.

Por outro lado, cada organizador é libre de cobrar o que queira, e os corredores somo libres de ir ou non ir. Os corredores debemos avaliar os servizos que ofrece un organizador e o prezo da carreira e despois decidir si vamos ou non vamos. Para min o regulamento é unha especie de contrato de servizos entre corredor e organización.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos