Dom, 11 Dec 2016, 8:39
Asunto: Re: XIV Carrera LUGO MONUMENTAL 11/12/16
Moita sorte a tod@s os que ides a esta carreira. Carreira bonita onde as haxa, eu xa levo moitos anos sen ir, por mor da distancia e que agora temos moitísimas máis carreiras.
Pero o que vexo nesta carreira e que se estancou pese ao "boom" que vivimos nos derradeiros anos de participación nas carreiras.
Este ano só hai 1176 inscritos (supoño que andará polos 1000 entrados en meta). Un cantidade moi pequena para ser unha capital de provincia, e que hoxe hai poucas carreiras no calendario que lle fagan competencia.
Menos mal que lle cambiaron a data a Media Maratón Volta a Ría que ia a ser hoxe, senon habería algúns menos.
Facendo un repaso vemos que no 2015 foron
1240 chegados. 2014 foron
1290. 2013 foron
1252. 2012 creo que non se celebrou. 2011 foron
1295. e 2010 foron
1265.
Vemos que mantívose todos eses anos nunha cifra moi parexa de chegados a meta sempre por riba dos 1200, pero este ano vai baixar.
Supoño que non entregar dorsais o día da proba pode restarlle algúns corredores, pero non creo que ese sexa o motivo deste estancamento, xa que creo que nalgúns dos anos que cito dábanse o día da carreira.
E o precio é acorde, ou incluso máis baixo no 1º tramo, ao que se adoita cobrar nos 10Kms.
E que conste que a min as carreiras masificadas non me gustan en absoluto, este paréceme un nº bo para correr un 10 kms.
Saudos.