Foros ›
VI San Silvestre Pontesa 2016 [31/12/2016]
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2016, 16:29
Asunto: VI San Silvestre Pontesa 2016 [31/12/2016]

Lugar de Saída: Rúa Alexandre Bóveda (Colexio Público Santa María) Distancia: Dende 150 a 5000 metros aproximadamente
Organiza: Concello de As Pontes (Concellería de Deportes) e Club Atletismo Olympo

Trátase dunha proba eminentemente festiva, para disfrazarnos e divertirnos para despedilo ano e dar a benvida ao 2017, polo que a organización agradece e premia que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba. Non entrarán en concurso os disfraces comprados, valorarase a imaxinación dos participantes.

A Saída e Chegada: farase na Rúa Alexandre Bóveda (diante do Colexio Público Santa María), comezando polas categorías menores.
A recollida de dorsais: farase o mesmo día da proba ata 30 minutos antes da saída da Carreira, na carpa situada no interior do Colexio Santa María.
Inscrición: gratuíta ata o Xoves 29 de decembro. Non se aceptarán inscripcións o mesmo día da carreira.
Horarios e distancias: as carreiras comezarán ás 17:00 seguinte orde:
Absoluta: 5000 m aprox. (nados en 2001 e maiores)
Andaina: 2500 m (todas as categorías)
Biberóns: 50 m (nados entre o 2013 e 2016)
Prebenxamín: 150 m (nados entre o 2010 e 2012)
Benxamín: 500 m (nados en 2008 e 2009) - Alevín: 800m (nados en 2006 e 2007)
Infantil 1000m (nados en 2004 e 2005) - Cadete: 1600m aprox. (nados en 2002 e 2003)
PREMIOS
Premio ao mellor disfraz das categorías infantís individual
Premio ao mellor disfraz da categoría individual Absoluta
Sorteo de productos navideños ao rematar a entrega de premios.
Avituallamento final para todos os participantes.

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/vi-san-silvestre-pontesa-2016/541df913-a5f8-b49a-c46c-39dc06d884cf
Sussy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/09/05
0 Carreiras
314 Mensaxes
As Pontes
Respostar citando Envío Mar, 27 Dec 2016, 11:17
Asunto: Re: VI San Silvestre Pontesa 2016 [31/12/2016]

Aquí tedes máis info da proba:

Xa non queda nada para a San Silvestre!!! Lembrade, o xoves 29 remata o prazo de inscrición para carreira e andaina; aínda vos podedes anotar en OPTICALIA CALLAO As Pontes ou en www.carreirasgalegas.c...dc06d884cf

Teremos CHOCOLATE quente para todos!! Despediremos o ano da mellor forma!! Teremos os seguintes premios:

-Mellor disfraz infantil: Vale 50€ cortesía de DON DINO

-Mellor disfraz adulto: Zapatillas deportivas cortesía de GALIORIENT

Premios ás carreiras:
Absoluta:
Primeiro/a: trofeo + 3 caixas manteigados
Segundo/a: trofeo + 2 caixas manteigados
Terceiro/a: trofeo + 1 caixa de manteigados

Carreiras menores excepto biberón:
Ós tres primeiros/as: trofeo + 1 caixa de manteigados

Categoría biberón:
Medalla a tódolos participantes.

A maiores teremos sorteos de:

- 3 vales de 20€ para gastar na tenda de deportes LECAR
- Vale de 50€ para OPTICALIA CALLAO As Pontes

Non deixedes pasar o día!! Ademáis, previsión dun tempo espectacular para a tarde do sábado!!!
Sussy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/09/05
0 Carreiras
314 Mensaxes
As Pontes
Respostar citando Envío Mar, 27 Dec 2016, 15:29
Asunto: Re: VI San Silvestre Pontesa 2016 [31/12/2016]

SAN SILVESTRE-PREMIO DISFRAZ DE GRUPO:
Por diversos motivos que non se solucionaron ata fai uns días, dende o club cometemos un erro á hora de facer o regulamento e a inscrición da San Silvestre, na que non consta o premio ó disfraz de grupo. Como consideramos que é xa tradición, e un dos maiores alicientes para disfrazarse o día da San Silvestre, queremos solventar os inconvintes causados. Poderase facer inscrición de disfraz de grupos de dúas formas:

- Inscrición a través de atletismoolympo @ gmail.com

- Inscrición o día da proba ata 30 minutos antes da saída (cada atleta ten que estar previamente inscrito individualmente no prazo e forma establecido no regulamento

En ambos casos farase constar:
1.Nome do grupo
2.Nomes dos integrantes do grupo

O premio para o mellor disfraz de grupo serán 8 ducias de manteigados ponteses.

Novamente disculpade as molestias que se vos puideran causar, e esperamos que ese día disfrutemos todos dunha xornada divertida e deportiva para rematar o ano co mellor dos nosos sorrisos.
Gracias de antemán pola comprensión!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos