xesteiras escribió: |
Algúns membros do CdM Xesteiras, imos sacar a licenza federativa para o próximo 2017 na Federación Cántabra de Montaña. Esta é a maneira que temos de protestar e amosar o noso malestar co que se está a facer na FGM coa sección de carreiras por montaña e por conseguinte, cos corredores; corredores que a día de hoxe son os que están facendo medrar o número de licenzas da nosa federación. Se algún de vos ainda non tramitou a licenza do 2017 e quere "protestar" contra a FGM, nos imos a proceder o día 2 de xaneiro a cubrir a ficha da Federación Cántabra como corredores independentes. Este é o noso correo electrónico por si vos queredes por en contacto con nos: cdmxesteiras @ gmail.com e este é o enlace da Federación Cántabra de Montaña, www.fcdme.es/pagina/co...encia-2017 Saúdos Tono Abal |
manueldi escribió: | ||
Hola Tono. Con esta iniciativa entendo que Clubs coma o CdM Xesteiras, Bestarruza, Caxado, Xtrail, Ribeira Sacra e Runing Sport Trail, clubs con seccións de carreiras e algúns organizadores de probas, con representación na asamblea da FGM, estaredes presentando propostas co ánimo de mellorar este deporte en Galicia que son denegadas sistematicamente pola asamblea da FGM. Corríxeme si me equivoco, ainda que na única acta de asamblea que aparece publicada na web da FGM que é do ano 2015 o único club dos mencionados que aparece como asistente e o Ribeira Sacra e non aparece ningunha proposta esa vez. Saudos
|