Mér, 21 Dec 2016, 15:53
Asunto: Corre Con Nós 2017
O Xoves 22 de Decembro ábrese o prazo para inscribirse no 17 CIRCUITO LARSA CORRE CON NÓS que abre unha nova tempada de carreiras populares no Concello de Lugo.
Este segue sendo o único circuíto de probas atléticas GRATUÍTO de toda a comunidade galega e se presenta con grandes innovacións para favorecer a participación a familiaridade e o divertimento.
Mantemos as bases que sustentaron o éxito dos anos anteriores introducindo novas clasificacións no regulamento que farán involucrarse máis ós atletas en cada unha das 6 probas que compoñen o circuíto desde Xaneiro a Xuño de 2017.
As categorías individuais tanto de menores como de adultos trocan de nome pasando a denominarse como máis comunmente se coñecen no ambiente atlético e escolar, respetando as idades de participación que tiñamos desde o principio do circuíto pasando a denominarse Minibenxamín, Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete no que corresponde ás categorías menores.O resto de categorías pasanse a denominar Juvenil , Junior, Promesa, Senior e categorías de Veteráns da A ata Veterán F de cinco en cinco anos como ven sendo habitual no noso circuito.
Pasaremos para mellor xestión do circuito a disputar 3 probas de menores: para Minibenxamines (menos de 500 mt )outra para Benxamines e Alevines (distancias entre 1000 e 2000 mt ) e unha terceira para Infantis e Cadetes (entre 2000 e 3000 mt) e a proba de adultos (entre 3000 e 6000 mt )
mantendo os mesmos circuitos que a tempada pasada.
En canto ás clasificacións xerais e individuais do circuito temos grandes novidades:
En canto as carreiras de MENORES
A categoría Minibenxamín seguerá sendo non competitiva e só participativa.
Seguiremos entregando trofeos e medallas durante as carreiras para as 4 categorias menores (Benx / Alev / Infan/ Cade) como en anos anteriores, pero a maiores creamos:
Unha CLASIFICACIÓN FINAL INDIVIDUAL DE MENORES con trofeos e diploma para os 3 primeir@s e diploma honorifico para os postos do 4 ó 6 tanto masculino como feminino.
Con respecto as competicións de ADULTOS
Seguiremos coa CLASIFICACIÓN FINAL INDIVIDUAL POR CATEGORÍAS tanto masculina como feminina con Trofeo + Diploma para @s 3 primeir@s de cada unha.
Seguirá habendo una CLASIFICACIÓN FINAL XERAL INDIVIDUAL MASCULINA E FEMININA con Trofeo+Diploma para os 3 primeiros atletas masculinos e femininos e Diploma Honorífico para os postos do 4º/4ª ó 6º/6ª clasificad@.
A gran novidade deste anonas clasificacións individuais ven dada pola CLASIFICACIÓN FINAL ABSOLUTA LARSA DO CIRCUITO, de aquí sairá o/a Gañador/a final do mesmo que tanto pode ser unha muller como un home. Trátase dunha CLASIFICACIÓN POR XÉNERO COMPENSADA en función da idade o sexo e a distancia das probas e inspirados nas táboas da Asociación Mundial de Atletas Masters que xa esta funcionando en outros circuítos e que tan boa aceptación está tendo á hora da participación e da competitividade e que será publicada despoís de cada unha das probas.
Premiaranse @s 3 primeir@s clasficad@s cun trofeo e un diploma e os postos do 4º ó 6º desa clasificación final definitiva.
En canto ás clasificación grupais tamén temos novidades:
Haberá unha CLASIFICACIÓN FINAL ESCOLAR, dentro das probas de Menores, na que @s participantes puntuarán coa súa participación, acumulando puntos para o colexio no que cursan @s seus estudios de xeito que o final do circuíto haberá 3 colexios gañadores que recibiran importantes premios.
Manteñense para os Adultos as CLASIFICACIÓNS POR EQUIPOS en categoría Masculina, Feminina e Equipos Mixtos ca mesma regulamentación que a tempada anterior .
A novidade grupal deste ano a, parte da Clasificación Escolar , está na creación da CLASIFICACIÓN FAMILIAR onde tod@s @s integrantes dunha mesma familia puntuarán en cada unha das probas que disputen. Deberán na súa inscrición indicar un nome para o seu equipo familiar e un capitán ou cabeza de familia. A relación familiar deberá de ser de primeiro grao respecto ó capitán do mesmo. Cada familia puntuará cos 3 mellores resultados conqueridos nas súas probas individuais de xeito que se acumularán de cara a clasificación final familiar. Haberá premio para ás tres mellores familias o final do circuíto.
Os resultados de cada proba aparecerán como de costume no diario El Progreso despois de cada unha das probas e as clasificacións permanecerán colgadas na páxina web do cronometrador oficial do circuito
www.championchipnorte.com.
O longo do circuíto comunicaremos ós/as participantes a data e o lugar de celebración da GRAN GALA FINAL DE ENTREGA DE PREMIOS DO CIRCUITO LARSA CCNOS 2017 da que informaremos puntualmente e que pretendemos sexa unha gran festa do atletismo popular lucense con sorpresas e novidades durante esa cerimonia
As inscricións para a primeira proba do circuito que sera SÁBADO 14 DE XANEIRO DE 2017 – NOCTURNA MONUMENTAL rematarán o Martes 10 de Xaneiro.
Fonte