CorredoirasBueu escribió: |
Consideramos que non é un trail duro, pero igualmente tedes que ter en conta que é un trail polo que vai a haber moitas costas nas que igual temos que ir andando, a favor (ou en contra depende de como o mires) podo dicir que non é moi técnico polo que calquer persoa coa preparación física suficiente (non ten por que ser preparacion para trail ) pode participar. Recordade 24 kilometros non son fáciles de ningunha maneira así que Lete se decides participar recorda que a dureza depende mais de ti que do circuito, non é obrigatorio acabar en ningún momento (nos puntos de control podes parar e mandamos coche a buscarte), non tes por que ir rápido (4:30 horas de corte) e se hay un tramo perigoso podes ir andando O circuito cambiou dende a primeira edición, tes os tracks no primer comentario, tamén este sábado faremos unha tirada e actualizarei os tracks. |