Foros ›
III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 16 Xan 2017, 16:18
Asunto: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Bos días. Comezamos a semana con novidades.

En xaneiro comunicamos que queríamos facer a fin de semana do 29 e 30 de xullo o Trail Festival; que acollería probas infantís, subida vertical A Moa e minitrail e trail.

Isto non vai poder ser polo seguinte:

1.- Esa fin de semana (28 de xullo a 1 de agosto) está decretada Operación Saída e como tal son datas inhabis para a realización de probas deportivas.

2.- Realizáronse as consultas oportunas e a resposta recibida non nos satisfaciu.

Isto non quere dicir que deixemos de facer o Trail Encontro Monte Pindo este ano. Seguiremos celebrandoo co formato dos anos anteriores e como unha actividade mais do Encontro Monte Pindo a celebrar os vindeiros 14 a 16 de xullo.

O III Trail Encontro Monte Pindo celebrarase o sábado 15 pola tarde. Seguiremos cas probas infantís, de parellas, o minitrail e o trail. O único que non poderemos facer será a subida vertical A Moa.

Será o derradeiro ano con este formato. Xa que entendemos que o Encontro e o Trail deben separarse se se quere seguir crecendo en calidade e servizo.

Pedimos desculpas para aqueles que se poidan sentir defraudados con esta decisión. ¡Mil desculpas!. Ninguén pódese sentir mais defraudado ca nos.

Inicialmente tíñamos pensado:

Esta fin de semana tocou reunión da Directiva de ACDR Pedramar de O Pindo para tratar o calendario de eventos para este ano 2017.

Aquí vos deixamos as datas do Entroido, Encontro e Trail.

Como gran novidade este ano separamos o Encontro do Trail para dar cabida a outras actividades.

Serán dous fines de semana en xullo cheos de actividades lúdicas, culturais, gastronómicas e deportivas.

En canto o trail este ano diversificamos as probas. Como gran novidade haberá unha proba vertical individual ata A Moa no sábado a tarde. E as probas de trail e minitrail pasaranse a mañá do domingo.

Non faltarán as probas de menores que pasarán a celebrarse o sábado pola mañá.

E ata aquí podemos falar nestes intres. Seguiremos informando...

Última edición por acdrpedramar o Lun, 20 Mar 2017, 15:56; editado 2 veces
JoseDuran

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
13/06/13
46 Carreiras
154 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 10:12
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Haberá que gardar forzas para facer a vertical e a carreira...(y)
Maistrote_diego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/11/13
114 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 17:10
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Moi boas noticias. A ver si podemos participar nas dúas probas. Aínda que sería mellor baixar dende A Moa! Moi feliz Moi feliz Moi feliz
mlestonf

Montañés
Montañés
23/01/13
0 Carreiras
456 Mensaxes
Muros de San Pedro
Respostar citando Envío Xov, 19 Xan 2017, 21:20
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Ti queres esnaquizarte?
mlestonf

Montañés
Montañés
23/01/13
0 Carreiras
456 Mensaxes
Muros de San Pedro
Respostar citando Envío Xov, 19 Xan 2017, 21:21
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Personalmente prefiro a carreira pola tarde para ver como afogan de calor os rivais, jejeje
Maistrote_diego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/11/13
114 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Xan 2017, 21:38
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Pola tarde hai que facer a dixestión, que por ali comese ben, jijiji
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Xan 2017, 8:15
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

A ver se éste ano podo participar nesta carreira.
Unha pregunta o km vertical é pola ruta da Igrexa ata o alto da Moa?
Entendo que despoís cada un baixará a "trote recuperador".... Silbar
Un saudo.
mlestonf

Montañés
Montañés
23/01/13
0 Carreiras
456 Mensaxes
Muros de San Pedro
Respostar citando Envío Ven, 20 Xan 2017, 11:00
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Van poñer unha tirolina para baixar e disfrutar das vistas. Jeje
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 20 Xan 2017, 20:15
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

mlestonf escribió:
Ti queres esnaquizarte?
O certo e que o do vertical chama a atencion..... o carallo e que se deixas as forzas tirando para arriba sin reservar? 45 ou 50 min a tope para arriba, como nos baixan despois despois??
o unico que a fagades do Pindo o Fieiro... eso si me atrae, incluso tanto como o trail....
Saudos
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Sáb, 21 Xan 2017, 18:52
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Rufino escribió:
A ver se éste ano podo participar nesta carreira.
Unha pregunta o km vertical é pola ruta da Igrexa ata o alto da Moa?
Entendo que despoís cada un baixará a "trote recuperador".... Silbar
Un saudo.

Boas tardes Rufino:

En primeiro lugar agradecer o teu interese.

En segundo lugar queremos deixar claro que non se pode denominar kilómetro vertical a esta proba. De acordo coa ISF (International Skyrunning Federation) e según o Regulamento de competicións da FEDME no seu artigo 2.3.3.7: “Sólo se considerará Kilómetro Vertical aquella competición de 1.000 metros de desnivel positivo entre salida y llegada (+/- 5% tolerancia) que se desarrolle sobre terreno irregular de gran pendiente, el recorrido del cual no exceda de 5 Kilómetros.”

En Galicia só houbo un km vertical ata o de agora, o organizado por GMTA no ano 2012 no Courel e que foi Campeonato Galego da FGM. Chamarlle km vertical a toda proba que non cumpla eses termos é enganarnos a nos mesmos. Por favor, chamemos a cada cousa polo seu nome.

E ollo, non é unha crítica só hacia a xente que ten o costume de chamar de esta forma a probas que non son tales, senón que as veces somos as organizacións as que levamos a cometer este erro de denomización.

Terceiro. Sobre o percorrido temos varias ideas. Ideas nas que estamos a traballar dende fai meses e que non só dependen de nos, senón que dependemos da aprobación do percorrido proposto polas autoridades pertinentes. O importante é que a día de hoxe temos varias alternativas e nos imos loitar por unha proposta novedosa e atrevida coa que esperamos que disfrutedes. Esperemos que en breve podamos informarvos do percorrido.

Cuarto. Como ben dís a baixada dende A Moa a fará cada participante seguindo un recorrido que marcaremos para que ninguén se perda e chegue O Pindo sen problema nengún.

A medida que vaiamos progresando nos traballos seguiremos informando.

Un saudiño e novamente grazas.

acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Sáb, 21 Xan 2017, 19:08
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Lemacial escribió:
mlestonf escribió:
Ti queres esnaquizarte?
O certo e que o do vertical chama a atencion..... o carallo e que se deixas as forzas tirando para arriba sin reservar? 45 ou 50 min a tope para arriba, como nos baixan despois despois??
o unico que a fagades do Pindo o Fieiro... eso si me atrae, incluso tanto como o trail....
Saudos

Boas tardes Lemacial:

Por desgraza no Monte Pindo non temos un teleférico como en Fuente Dé (onde os participantes no seu km vertical poden baixar gratuitamente nese día) nen os autobuses poden subir e baixar polo Ezaro.

E unha proba non só dura para os participantes senón a nivel organizativo tamén o é, non volo imaxinades.

Polo tanto unha vez chegado A Moa e descansar un pouco admirando as vistas desde a mesma tocará voltar cara O Pindo por un recorrido marcado para evitar que alguén se perda. No treito de baixada tamén haberá un avituallamento.

E isto que che conto é o que se fai en moitas probas existentes de km vertical e carreiras verticais, non estamos inventando nada.

En canto a tua idea de alongar a proba ata O Fieiro, non ten sentido nengún: deixaría de ser carreira vertical (¡canto nos gusta baixar a saco dende calquer alto!), seguiríamos tendo o problema de traervos ata a liña de meta e sería unha proba que non baixaría dos 12-14 kms co cal salvo contadísimas excepcións o participante da proba vertical non participaría o domingo. E a idea principal é que a xente teña gañas de participar nas dúas probas.

Seguiremos aclarando as dúvidas que teñades.

Un saúdo.

Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Xan 2017, 22:53
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

acdrpedramar escribió:

Hola
Queda aclarado...
Outra opción e que dende a casa das Paxareiras teño linea directa ca Moa, enfiamos un cable de aceiro Moa/Ventana do salón e xa caemos no sofá
Podese mirar.... Ríndose Ríndose
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 23 Xan 2017, 19:59
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

Boas tardes Lemacial:

Ante o teu desexo de cable dende A Moa ata Paxareiras hoxe entramos en contacto cunha empresa de tirolinas e mira que nos mandou.

¿Pensas que se adapta as túas necesidades ou tes outras preferencias?. A idea é caralluda pero penso que non van estar pola labor de instalala para nós. ¿Non crees? Guiño Guiño Guiño

Un saúdo a golpe de lúns

Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Feb 2017, 13:53
Asunto: Re: Trail Festival Encontro Monte Pindo (29-30/07/2017)

acdrpedramar escribió:
Boas tardes Lemacial:

Ante o teu desexo de cable dende A Moa ata Paxareiras hoxe entramos en contacto cunha empresa de tirolinas e mira que nos mandou.

¿Pensas que se adapta as túas necesidades ou tes outras preferencias?. A idea é caralluda pero penso que non van estar pola labor de instalala para nós. ¿Non crees? Guiño Guiño Guiño .
Jajajaja, a min pareceme perfecto combinar subida A Moa, tirolina as Paxareiras e baixar de volta polo mirador do Ezaro polo asfalto.
Carreira multidisciplinar unica no mundo....
Bueno o conto e que eu vou ir coma sempre a dar guerra, sexa para arriba, para abaixo, en sapatillas, en tirolina ou en chanclas.
E O QUE NON VEÑA SE LO PIERDE SEÑORES...

Un saúdo a golpe de lúns

acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 20 Mar 2017, 13:31
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Bos días. Comezamos a semana con novidades.

En xaneiro comunicamos que queríamos facer a fin de semana do 29 e 30 de xullo o Trail Festival; que acollería probas infantís, subida vertical A Moa e minitrail e trail.

Isto non vai poder ser polo seguinte:

1.- Esa fin de semana (28 de xullo a 1 de agosto) está decretada Operación Saída e como tal son datas inhabis para a realización de probas deportivas.

2.- Realizáronse as consultas oportunas e a resposta recibida non nos satisfaciu.

Isto non quere dicir que deixemos de facer o Trail Encontro Monte Pindo este ano. Seguiremos celebrandoo co formato dos anos anteriores e como unha actividade mais do Encontro Monte Pindo a celebrar os vindeiros 14 e 16 de xullo.

O III Trail Encontro Monte Pindo celebrarase o sábado 15 pola tarde. Seguiremos cas probas infantís, de parellas, o minitrail e o trail. O único que non poderemos facer será a subida vertical A Moa.

Será o derradeiro ano con este formato. Xa que entendemos que o Encontro e o Trail deben separarse se se quere seguir crecendo en calidade e servizo.

Pedimos desculpas para aqueles que se poidan sentir defraudados con esta decisión. ¡Mil desculpas!. Ninguén pódese sentir mais defraudado ca nos.

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos