mlestonf escribió: |
Ti queres esnaquizarte? |
Rufino escribió: |
A ver se éste ano podo participar nesta carreira. Unha pregunta o km vertical é pola ruta da Igrexa ata o alto da Moa? Entendo que despoís cada un baixará a "trote recuperador".... Un saudo. |
Lemacial escribió: | ||
o unico que a fagades do Pindo o Fieiro... eso si me atrae, incluso tanto como o trail.... Saudos |
acdrpedramar escribió: | ||||
Boas tardes Lemacial: Por desgraza no Monte Pindo non temos un teleférico como en Fuente Dé (onde os participantes no seu km vertical poden baixar gratuitamente nese día) nen os autobuses poden subir e baixar polo Ezaro. E unha proba non só dura para os participantes senón a nivel organizativo tamén o é, non volo imaxinades. Polo tanto unha vez chegado A Moa e descansar un pouco admirando as vistas desde a mesma tocará voltar cara O Pindo por un recorrido marcado para evitar que alguén se perda. No treito de baixada tamén haberá un avituallamento. E isto que che conto é o que se fai en moitas probas existentes de km vertical e carreiras verticais, non estamos inventando nada. En canto a tua idea de alongar a proba ata O Fieiro, non ten sentido nengún: deixaría de ser carreira vertical (¡canto nos gusta baixar a saco dende calquer alto!), seguiríamos tendo o problema de traervos ata a liña de meta e sería unha proba que non baixaría dos 12-14 kms co cal salvo contadísimas excepcións o participante da proba vertical non participaría o domingo. E a idea principal é que a xente teña gañas de participar nas dúas probas. Seguiremos aclarando as dúvidas que teñades. Un saúdo. |
acdrpedramar escribió: |
Boas tardes Lemacial: Ante o teu desexo de cable dende A Moa ata Paxareiras hoxe entramos en contacto cunha empresa de tirolinas e mira que nos mandou. ¿Pensas que se adapta as túas necesidades ou tes outras preferencias?. A idea é caralluda pero penso que non van estar pola labor de instalala para nós. ¿Non crees? . Jajajaja, a min pareceme perfecto combinar subida A Moa, tirolina as Paxareiras e baixar de volta polo mirador do Ezaro polo asfalto. Carreira multidisciplinar unica no mundo.... Bueno o conto e que eu vou ir coma sempre a dar guerra, sexa para arriba, para abaixo, en sapatillas, en tirolina ou en chanclas. E O QUE NON VEÑA SE LO PIERDE SEÑORES... Un saúdo a golpe de lúns |