Lun, 23 Xan 2017, 12:05
Asunto: Re: Meia Maratona de Viana (22/01/2017)
Undécima participación en Viana, e ogallá podamos seguir indo moitos máis anos.
Como ven dicides tod@s, unha magnífica carreira en todolos aspectos, cada ano procuran mellorar.
Eu ia ca expectativa de disfrutar da carreira, poñendome como obxetivo correr por debaixo de 4'30", cando fun para a saida máis de 10 minutos antes, xa non había onde poñerse (a antelacion na colocación é algo moi habitual en Portugal), tardei case que 50 segundos en pasar polo arco, e caseque un Km. en coller o ritmo desexado o primeiro Km, foi o máis lento en 4'39, pero ainda quedaba moita carreira. Despois xa empecei a marcar todos os Kms. ao ritmo pactado.
No km 2 collín a uns compañeiros de equipo, que iban ir mais ou menos ao meu ritmo, estiven algo máis dun Km. con eles pero como ralentizaron a marcha, tirei para adiante e fun marcando todos os Kms, ao ritmo fixado.
Pasei polo 10 en algo máis de 44 polo meu crono, así que se non acusaba a falta de Kms. ia no plan fixado.
Costoume un pouco o Km. de volta con tanta subida, e a partir de ahí xa non fun tan fino, e o que sempre se me fai duro son os Kms. de volta pola autovía, pero ao chegar ahí xa queda pouco.
Ao final cheguei agotado muscularmente, pero contento con facer 1h33'23" polo meu crono, que ainda que é a miña pior marca aqui, non estou para moito máis.
Un saudo e agardando pola XX EDICIÓN NO 2018.