Mar, 31 Xan 2017, 9:19
Asunto: Re: TRAIL GALAICA 2017
Bós días amig@s.
Coa primeira proba do circuito en marcha no Concello Ames imos falar está mañán da oferta para aqueles que desexen participar no circuito completo (6 probas).
Como podedes ver no regulamento xeral do circuito 2017 (podedes descargalo en
Reglamento 2017 TR GA 2017), existe dúas formas de participar na modalidade de circuito:
1.- Inscríbete proba a proba e marca durante o transcurso das 2 primeiras probas do circuito (Ames e Muros), a opción *PARTICIPO EN CIRCUITO* no formulario de inscripción. Deste xeito entrarás a formar parte das clasificacións do circuito.
2.-Aproveita a OFERTA de 70 € polas 6 probas do circuito:
O abono dos 70 € para as 6 probas do circuito farase por transferencia bancaria. Terán que escribir un em@il ao correo info @ trailgalaica.com onde se lle informará dos pasos a seguir.
A oferta inclúe a inscripción de 15 € (aforro de 20 € en 6 probas) e as seguintes variables:
> No caso de apuntarse a un minitrail efectuaremos unha devolución de 5 €.
> No caso de apuntarse a un trail longo terá que aboar 10 € a maiores no mesmo número de conta.
Por defecto tod@s aquel@s que aproveiten esta oferta do circuito quedarán inscritos á proba de 15,00 €. No caso de querer participar noutra deberán comunicalo no em@il de organización info @ trailgalaica.com .
PREZOS XERAIS DAS PROBAS
- Mini Trail: 10 €
- Trail: 15 €
- Trail Longo: 25 €