Foros ›
TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 23 Xan 2017, 13:31
Asunto: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Bós días.

En breve abriremos as inscricións para o Trail Galaica do Concello de Ames.

Tendes a vosa disposición no calendario deste foro a ficha técnica da proba coas versións curta e longa respecto a proba do pasado ano.

Cambia sustancialmente no que respecto a desarrollo técnico e desnivel, inda que mantén a nosa filosofía de dar cabida a todos, cunha versión curta de 15 km e 415 de + e unha versión máis longa de 815 + e 24 km.

Nesta ocasión visitaremos as Ribeiras do Tambre xa de saída, cuns 5 km ate a praia fluvial de Tapia que non ten desperdicio. Atopamos na ruta novos lugares fermosos que imos visitar. O final será emocionantee cunha baixada técnica para acceder ao aeroclub (instalacións privilexiadas) e a eliminación do 80% do percorrido de pistas da pasada edición. Será un trail moi divertido e pegado a unha cidade.

En breve seguimos informando.

Grazas!!.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 24 Xan 2017, 6:42
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Agardemos que non chova "moito" os días antes Silbar , se non haberá que establecer un "plan B" Angel

O camiño xunto ao río é moi bonito, o típico carreiro dos troiteiros (en algúns tramos)

Está no Calendario de Correr en Galicia,

pero poño aquí no fío a ligazón as rutas corta gl.wikiloc.com/wikiloc...d=16146729 15km
e longa gl.wikiloc.com/wikiloc...d=16146989 26km

O avituallamento do km8 é na plaia de Tapia, un lugar moi accesible en coche para recibir os ánimos antes de afrontar a zona de subida.

As subidas da 2ª parte da proba non son das longas, pero teñen un desnivel dun 10/12% que cando levas uns km xa fan pupa Muerto
Ademáis no trail longo súbese de novo a ermida San Marcos. Ahí xa é un pouco máis empinado Demo sorrindo subir polo cortalumes.

Creo que para comezar o circuito está ben esta proba pois creo que é un percorrido variado e entretido. E sobre a súa dureza... pois o de sempre: depende de cómo o tomes, si te queres exprimir (a min chegaríame ben) ou ir un pouco máis relaxado e disfrutando do día. En calquer caso hai zonas para todo.

Nunha zona (Ames) onde o desnivel vai dos 100 aos 400 metros que ninguén espere subidas de unha hora andando.


Apuntada a data, espero a ver si se dan as circunstancias personais para poder compartir o día con vos.

Saúdos e hei mirar se teño algunha foto para poñer de cando vou por esos camiños Guiño

-- Chámame "ghose"
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Xan 2017, 10:01
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Grazas XoseM pola info.

A zona das Ribeiras do Tambre son realmente fermosas. Do km 3 ao 8 aproximadamente, son zonas bastante técnicas con sendeiros estreitos, iso si, son completamente llanas, pero hai un incremento técnico considerable.
O problema estaría nas crecidas do río que como ben dis habría que ter un plan B, pero agardemos que non chova moito de aquí á proba.

Engadimos as dúas opcións de trail curto e longo. Cambios tamén no acceso ao monte de San Marcos, zonas moito máis técnicas e subida a ermita polo famosos cortalumes. Na parte final suprímense kms de pistas e hai unha sorpresa final no acceso ao Real Aero Club cunha baixada emocionante.

Como vemos coñeces ben a zona!! Guiño A ver se nos vemos ese día.

Grazas !!
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Xan 2017, 11:08
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Boas, tedes pensado facer algunha quedada polo recorrido?
Un saudo e ánimo ca organización.
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Xan 2017, 11:52
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

A verdade é que si. Estamos trazando unha quedada en canto se limpe algunhas zonas que temos que abrir.
Así que vós manteremos informados Guiño
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
240 Carreiras
329 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Mar, 24 Xan 2017, 18:24
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Unha dúbida? a proba que puntua para o circuíto e a longa?.Grazas.
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
240 Carreiras
329 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Mar, 24 Xan 2017, 19:55
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

mario.R escribió:
Unha dúbida? a proba que puntua para o circuíto e a longa?.Grazas.
.
Acabo de velo na páxina de Trail Galaica,dúbida resolta,un saudo
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Xan 2017, 10:43
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Hola mario.R. Bó día.
Est ano, efectivamente o sistema de puntuación cambia para os que participades no circuito. Eu botarialle un vistazo ao reglamento. Pero antes poño esta aclaración:

* MINI TRAIL Puntuación obtida dividada entre 2
* TRAIL Puntuación normal
* TRAIL LONGO Puntuación obtida multiplicada por 2

Aquí vos deixo o link do reglamento:

Reglamento TRGA 2017

Grazas!!
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Feb 2017, 13:30
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Bós días.

Pendentes das crecidas do río, deirvos que o circuito estase a por fermoso. Nesta semana tentaremos convocar unha quedada para percorrer algunha parte do circuito.

Lembrade tamén que tendes a opción de inscribirvos ao circuito completo (6 probas), información que podedes consultar neste link:

Inscrición Circuito Completo

Gracias.
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Feb 2017, 13:07
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Atención á seguinte nova: m.facebook.com/story.p...7630475799

Para os que estades pensando en participar ...

Lembrade que podedes consultar a oferta de circuito no apartado novas da nosa web www.trailgalaica.com

Guiño
Rucar

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/16
0 Carreiras
70 Mensaxes
O Milladoiro - Ames
Respostar citando Envío Mar, 14 Feb 2017, 12:32
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Hola. Intento ver la ruta en el link d wikiloc y me sale como error. Me podeis decir si os pasa lo mismo???
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 14 Feb 2017, 14:16
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Si fas unha procura en Wikiloc, apareceche o usuario Trailgalaica


gl.wikiloc.com/wikiloc...d=16287267 longo
gl.wikiloc.com/wikiloc...d=16287262 corto

Seica son aproximados, pero sirven para facerse unha idea.

-- Chámame "ghose"
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Feb 2017, 0:14
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Gracias Rucar e XoseM. A verdade é que está roto o enlace do track na páxina web. Decidimos abrir un perfil en Wikiloc e ir subindo os tracks ao mesmo. Grazas por anuncialo XoseM

Mañán queda arranxado este tema. Grazas por informar. Cambiado no calendario deste foro.
Rucar

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/16
0 Carreiras
70 Mensaxes
O Milladoiro - Ames
Respostar citando Envío Mér, 15 Feb 2017, 17:48
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Todo ok. Graciñas
cuatrolatas

Novo foreiro
Novo foreiro
22/04/10
0 Carreiras
38 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 17 Feb 2017, 0:21
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02

Hola¿,alguien sería tan amable de informarme si hay que meterse en algun momento en el agua?.Es que soy alérgico al frio (el agua està fria).Gracias





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos