Lun, 26 Dec 2016, 14:55
Asunto: III Maratón de Montaña "A Camelia" (12/2/2017)
Ola a tod@s!
O Club de Montaña Vértice e o Concello de Vedra, organizan o
III Maratón de Montaña “A Camelia”, que terá lugar o día 12 de Febreiro.
Despois duns meses a desbrozar medio concello e rastrexar novos camiños, chega unha nova edición (e xa van 3!).
Este ano teremos bastantes novidades: cambios importantes no percorrido, modalidade por relevos, etc. Aquí vos deixamos os datos principais desta edición.
Veña!, ánimo e a entrenar, vémonos en Vedra.
MARATÓN: Modalidade competitiva con unha distancia de 46 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.770 m e un desnivel acumulado de 3.437 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: media
6 Avituallamentos (2 líquidos + 4 sólidos)
150 prazas
MARATÓN POR RELEVOS: Modalidade competitiva por parexas composto de dous tramos:
Primeiro relevo:
Distancia: 24 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.254 m. e un desnivel acumulado de 2.374 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: media
4 Avituallamentos (1 líquidos + 3 sólidos)
Segundo relevo:
Distancia: 22 kms.
Desnivel positivo aproximado de 516 m. e un desnivel acumulado de 1.063 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: baixa
2 Avituallamentos (1 líquido + 1 sólido)
100 prazas (50 equipos)
Outros datos:
Elevación máxima: 533 m
Elevación mínima: 56 m
Pendente máxima de subida: 36%
Pendente máxima de baixada: 37%
Distancia de asfalto acumulada: 3,6 km,s
Próxima apertura de inscricións en Galitiming!!
Mais información na nosa paxina de Facebook:
Maratón de Montaña "A Camelia"