Mér, 01 Feb 2017, 3:33
Asunto: Re: PADRÓN 10k 2017
Boas noites a tod@s,
É increíble cómo as veces un foro de debate escrito na web pode converterse nunha recua de reproches ou insinuacións sin sentido nengún, pero como diría aquel, "tarde piaches". Agora son consciente de que debín dirixirme coas miñas apreciacións en privado á organización da proba e aforraría quizáis algún comentario desafortunado. Pido disculpas de boa fe ao Admin do foro e á organización da proba por iso, desculpade, de verdade.
Pero permitídeme zanjar todo isto con catro apreciación máis e xa vos deixo o foro "tranquilo"....tranquilo Admin que eu son de corazón quente pero de cerebro bien frío...
Son corredor de Carreiras Populares no meu pobo de nacimiento dende fai 25 anos (corrín a de Pascua do 1992, creo que non había mulleres corriendo ese día). Dende entón disfruto das carreiras en Padrón siempre que podo, e admiro, recoñezo, e respeto o esforzo que fai a xente da organización por ofrecernos esta maravilla de carreiras, ano tras ano; coñezo a moita xente que participa ou participou na organización das mesmas e siempre agradecín o seu esforzo e dedicación por facernos disfrutar. E esta organización deste ano non vai ser menos.
Pero iso non quita que non esté no meu dereito e na miña obriga de comentar aspectos de esta proba, cando creo que están errados ou poden ser mellorables. Creo que ademáis ese debe de ser o espíritu destes foros, eso sí claro, con respeto e sentido común.
Lín atentamente os comentarios que fixeron algún dos foreiros, e entendo a vosa postura, é certo que nos premios por equipos a FGA equipara os premios aínda que a forma de sumar puntos é diferente para cada xénero, moi ben, perfecto, pero creo sinceramente que iso non fai menos discriminatorio o cuadro de premios ao que eu me refiero, é máis, creo que o fai menos lóxico todavía, en serio volo digo.
Facédevos sinceramente cada un de vos estas preguntas, ¿creedes que algún dos homes participante que acaben entre 21-30 pode ofenderse por non recibir un premio de 10€ na súa contra? sinceramente eu penso que non. ¿E creedes que algúnha muller das participantes na proba pode sentirse ofendida por ver como os homes que queden 21-30 reciben 10€ e no caso delas non? Eu sei que sí, e cada vez máis, e homes tamén, e cada vez máis.
En realidade é máis sinxelo do que parece, pero está tan metido nas nosas sociedades que erramos sen darnos conta. Eu cometín ese erro, igual que vos, pero cada vez é un erro que se comete menos nas carreiras populares do resto do país, do continente e do mundo. É tan fácil coma repartir eses 100€ no resto de categorías equitativamente e evitar algo inxusto e ridículo, síntoo pero así me parecen eses ingresos de 10€, ridículos.
Esta é a miña opinión, por suposto hai moitas, e entendo as outras posturas, pero síntome na obriga e no dereito de dicilo. Nada máis.
Pequetxa2013, non te ofendas, pero á miña idade eu xa descubrín que a vida é algo máis que política, créeme, bastante máis, invítoche a que o descubras. Non te deixer enganar, hai xente que fai as cousas de corazón e por principios, nada máis. E dilles que se despreocupen, eu fai moitos anos que exerzo o meu dereito de sufraxio activo noutro concello galego.
Pido denovo disculpas a quen puideran ofender ás miñas apreciacións e comentarios. Invito a todos a reflexionar un pouco ou un moito sobre este tema, e felicito á organización da proba que nos fai disfrutar ano tras ano, pero anímoa a que estudie este tema, de todo corazón e con todo o meu respeto, pódese mellorar.
Un saudo a tod@s e disfrutade o día da Carreira, eu este ano non debo. Vémonos na de Pascua seguramente.
Ángel Lorenzo Silva
Biólogo, Padronés de nacimiento y corazón, Coruñés de afincamento e ás veces algo iluso
Última edición por rubiodepadron o Mér, 01 Feb 2017, 8:30; editado 1 vez