Xov, 23 Feb 2017, 23:31
Asunto: Re: TRAIL G. AMES TRGA -2017 26-02
Hola!
Respecto as cuestións plantexadas do percorrido.
A primeira parte do percorrido consiste nunha saída de case 1 km por asfalto desde a Ponte Maceira ate a entrada na pista que nos levará ata o km 2 aprox. nun tramo ancho de terra propicio para que e estire o grupo.
No km 2,1 cóllese un sendeiro pola beira do río estreito. A Imaxe ilustra o tipo de sendeiro que é. Durante uns 5 km teremos zonas técnicas pegadas ao río Tambre, pode que este sendeiro teña algún tramo con algo de barro e igual se poden mollar os pés nalgún intre.
Despois entramos nunha zona de muiños fermosa como esta:
A continuación está o avituallamento 1 km 8.
Desposi colleremos outra zona de muiños para ir haca o punto onde se dividen as rutas. A RUTA CURTA colle un camiño máis doado de 4 - 5 km por sendeiros e camiños, subidas e baixadas, ate o aeroclub. A Ruta Longa sube a ermita de San Marcos, despois de esta desviación, baixada, avituallamento 2, baixada hacia a ruta da auga e pasos por muiños ...
En resumidas contas. Rutas divertidas e na entrada o aeroclub (meta) estará unha subida e baixada final técnica.
Os pés se mollarán, coidado na 1a parte con esbarar. Pero en liñas xerais, os pasos do río apenas vos tendes que mollar máis que os pés puidendo evitarse cun salto
.
Iremos dando información sobre os servicios a modo recordatorio.
Gracias!!