Lun, 24 Out 2016, 17:55
Asunto: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR
A organización da Andaina Bisbarra do Sar, con motivo do seu décimo aniversario, anuncia a celebración do
Iº TRAIL BISBARRA DO SAR
Esta edición terá lugar o
01/04/2017 no Concello de Padrón, cun percorrido circular de 15 quilometros (desnivel aproximado +600 m) polo monte Meda.
PERCORRIDO
Lugar: Padrón
Saída e Chegada: Paseo do Espolón
Circular de 15 Km. (desnivel aproximado +600 m) sinalizado con fitas e marcas no chan, que transitará polo monte Meda.
Haberá tramos de asfalto (3 Km), camiños (4 Km), pistas forestais (4 K) e cortalumes (4 K).
Nalgúns puntos cruzaranse estradas con tráfico, ainda que vixiados por membros de Protección civil, debese ter a máxima precaución e respectar as normas de circulación
DORSAIS:
Entregaranse o día da proba no punto de encontro (Poli. Mpal. do Souto, ao lado do campo de fútbol), entre as 09:15 h. e as 10:45.
A entrega será personalizada (poderase solicitar acreditación oficial) previa firma na folla de control.
A organización poderá establecer un control para retirar a tódolos participantes sen dorsal.
TROFEOS:
A entrega de trofeos realizarase a partir das 13:15 nun espazo preto da liña de meta.
Aos 3 primeiros HOMES en categoría Senior (ata 45 anos) e Veterano (+ 45)
As 3 primeiras MULLERES en categoría Senior (ata 40 anos) e Veterana (+ 40)
A os 3 primeiros EQUIPOS (suma dos tempos d@s 3 mellores corredor@s de cada equipo, que deberá ser mixto e ter un mínimo de 5 compoñentes).
A organización poderá solicitar a os atletas xustificar a súa idade.
INSCRICIÓNS:
PRAZOS: 01 de XANEIRO ata 29 de MARZO (20:00 h.)
MÁXIMO: 250 PARTICIPANTES.
PRECIOS:
-XANEIRO 8 €
-FEBREIRO 10 €
-MARZO (ata 29/03) 12 €
Ligazóns:
Web asociada
Facebook
I Trail Bisbarra do Sar
Google+
Trail Bisbarra do Sar
Información e inscricións a partir do 01/01/2017 na plataforma
http://trailbisbarra.galitiming.com
Última edición por U o Mér, 01 Mar 2017, 20:00; editado 6 veces