Dom, 05 Mar 2017, 6:28
Asunto: Re: V Carreira da Filloa de Lestedo - Subida ó Pico Sacro
Para PabloAyagarim
Non estiven na carreira este ano por temas familiares, pero si o ano pasado con igual percance con varios compañeiros, e mesmo resultado (descalificados), e non transcendeu tanto, polo que estou vendo.
Entendo perfectamente o teu sentir e malestar, seguramente por non deixar claro ao público que fostes descalificados por perdervos e non facer o percorrido marcado.
Fóra deso, bastaba con que por privado llelo comentarades á organización e esperar á que puidesen dar explicacións, desculpa pública, de ser o caso, e non ás primieras de cambio poñer aquí o tema, xa que, eu dende fóra, fasme ver, en primieira impresión, que os da organización foron uns cafres, malintencionados, etc., e podo case que asegurar que non foi así, porque os coñezo. Erros en momentos de estrés, cometemos todos e hai que ser comprensivos, senón, probade a organizar algo (se o fixestes, xa sabedes do que falo). De feito, queixas así amosadas con fío propio así ás primeiras de cambio poden dar ao traste coa org. desta carreira en edicións vindeiras (dou fe, en referencia á org doutras carreiras, onde eu mismo valorei "que la org, su p. madre").
Eu vivín case exactamente o mesmo ca vós no campionato galego de BTT Maratón na Barbantia Roda de Boiro. Unha marcaxe non suficiente fixo que un lote de xente nos perdésemos no km 94 (de 100) e chegásemos á meta por outra zona fóra do percorrido. Eu xa daba por feito a miña descalificaicón, e a asumiría (sabía que ía por onde non debera e que debería ter ido de volta para atrás). Non temía perder o posto (non estaba en lugar de honor), pero si a certificación de ter competido e rematado, moi importante para o meu club. Estiven con desasosego ata a tardiña, cando finalmente vin que non me descalificaran. Con todo a houbese aceptado, con todas as consecuencias. Por qué, porque neste tipo de carreiras o feito de ir "seguindo cintas" é unha variable máis a ter moi en conta.
Se no voso caso non houbo agravios, e vos eliminaron aos dous, perfecto! De non ser así, erro da org. En canto ás formas, seguramente mellorables polo que contas, pero repito que todo con máis calma se pode facer con mellor atino, con estrés (hai que ter os resultados xa para a entrega de premios, etc., tendo en conta que aí fan a cronometraxe a man...).
Lamento o teu sentir. Tómao como unha aprendizaxe máis, e se o que che gusta é correr, pensa no día que desfrutaches cos teus e na carreira pesoal que fixeches independentemente de aparecer ou non na clasificación.
Para a organización, pouco lles podo dicir. Falar con este home por privado estaría ben. falando se entende a xente.
Espero poder ir a unha nova edición da carreira, que valientes sobre con facela ano tras ano, sen esperar absolutamente nada a cambio.
Moita forza pra todas e todos.
M. Nogueira