Foros ›
Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
PabloAyagarim

Novo foreiro
Novo foreiro
4/03/17
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 19:43
Asunto: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

Boas tardes. Acabo de chegar á casa tras a Carreira da Filloa en Lestedo. Este ano un amigo e eu animamos a varios a vir e ao final fixemos equipiño de 5 persoas, algunhas vindo dende Coruña especificamente para correr alí.

Por mágoa véxome na obriga de colgar un post de queixa e de resarcimento da miña honra persoal xa que acabando de primeiro (con bos sudores e esforzo, por certo) fun descalificado e sentinme tachado de tramposo pola organización.

Esta é a verdade do acontecido para que non se tomen por verdade os rumores:

- Ao final da subida do Pico Sacro íamos de primeiros un corredor do Noitebra e eu detrás, con boa vantaxe sobre os seguintes. Pasamos o avituallamento, subimos un pouco máis e unha persoa que creimos da organización ao estar nun cambio de sentido, nos dixo: "Animo chavales, a esquerda e despois todo pa baixo". O corredor que ía por diante foi o que fixo (esquerda e pa baixo) e eu o seguín. Máis adiante nos comentamos que ao mellor nos indicaran mal porque non pasaramos por un tramo de corda que dixeran. Quedamos en comentalo na meta para que valorasen o asunto. Acabamos a carreira gañándolle eu a este compañeiro no sprint.

- Inmediatamente ao rematar ambos os dous lles comentamos o asunto á organización, lles dixemos onde estaba o que nos falou, eu mesmo lles ofrecín descargar o track do meu reloxo no móbil para valorar se había moita vantaxe ou se foran só uns metros, dixéronme que non facía falla que subía un deles a valorar o asunto en coche ou non sei como. A organización nos di que se non hai queixas queda a cousa así, e eu quedo a entrega de trofeos.

- Antes da entrega de trofeos, o speaker ven xunta min e me di que tiveron reclamación e que a organización, para non facer agravios, valora que ten que penalizarnos con non sei canto tempo o que equivalía a perder dous postos, gañando así un corredor do clube Petroni. Eu lle digo que ACATO a decisión. O speaker vai falar co corredor afectado do Noitebra e se pasa alí falando uns minutos con el e outros corredores dese clube.

- PARA A MIÑA SORPRESA, sen volver a falar comigo para comunicarme un cambio de sanción e deixarme posibilidade de alegación ou mesmo de presentarlles exactamente o meu track, o speaker ponse a falar dicindo: "con moita honradez os dous primeiros clasificados, Pablo ehm ehm (nin a decencia de saber o apellido) e Nome Apelidos do outro corredor, xa nos dixeron que non correran unha parte do recorrido na cima do Pico Sacro, así que decidimos descalificalos"

- PARECEME INDIGNANTE, NON A DECISIÓN (que eso si non comparto, porque unha descalificación é moi grave e nós realmente fumos enganados, ao mellor sen mala vontade, pero enganados) SENÓN A MANEIRA DE TACHAR DE TRAMPOSOS " A POSTA" a dous corredores que fixemos unha carreira excelente e tivemos un comportamento do máis deportivo. Era tan sinxelo como dicir que unha persoa nos indicará mal e que por iso non seguiramos parte do recorrido e despois a decisión que fose.

Polo menos que quede claro que ningún dos dous implicados somos ningún tramposo. Boas noites e vémonos nas carreiras.


Última edición por PabloAyagarim o Sáb, 04 Mar 2017, 22:22; editado 1 vez
Corneira

Montañés
Montañés
20/10/10
0 Carreiras
316 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 21:11
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

A min tampouco me gusta eso de "descalificar" E unha popular , e hay que ser mais.permisivo . Nos dous anos anteriores perdeose xente no mesmo lugar , secadra hay que marcar mellor .
Polo demas todo perfeto Deica o ano.
Santiaguiño

Montañés
Montañés
13/10/08
10 Carreiras
330 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 21:20
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

Lamento que se perdera alguen correndo
Eu quixera decir que na miña opinión a
Carreira estaba marcada perfectamente,
Temos que pensar que nunha carrira de montaña
Non "solo" e correr, tamen entra unha parte de orientación!

Un saudo a todos!!!
m12021958

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/01/14
12 Carreiras
121 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 21:35
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

Boas nuites.
Como en casi todo hay normas...si non as cumples totalmente (ainda que sea involuntariamente) tes que comprender,e aceptar.
Eso non significa trampa,en este caso sera desentendemento, ou pouca comprension por os que se venefician directamente.
secadra falta deportividade ben aplicada.
Para min a organización: BEN todo suficiente para disfrutar, en todo momento.Antes, durante e despois. GRACIAS.
Podese ver en algún sitio os resultados?
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 21:45
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

Boas, a mín gustoume a carreira.
Ó meu modo de ver perfectamente sinalizada.
Comprendo a confusión dos dous primeiros pero as normas son para tod@s iguaís.
A organización xenial tanto no avituallamiento como nos pinchos finaís. O feito de ter a iniciativa de pasar os pinchos finaís do exterior a un local para que a xente non pasara frio xa dí moito.
Un saudo e ata o ano.
PabloAyagarim

Novo foreiro
Novo foreiro
4/03/17
0 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 21:50
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

E eu acataría calquera decisión o que non acato é que me fagan quedarme alí para humillarme publicamente... que digan "xa nos dixeron que non fixeron unha parte do circuito no Pico Sacro e por eso os descalificamos".. a xente ao redor dicía "vaia morro, gañar con trampas..."

Uns corredores POPULARES que sacamos 4-5 días á semana para adestrar, que pagamos unha cota por correr, que vamos con toda a ilusión do mundo a dalo todo a unha carreira das festas... que chegamos á cima do pico sacro de primeiros (que hai que subilo polo cortafuegos parriba, eh!!!), que nos fiamos dun fulano pensando que é da organización e que explicamos o asunto ao chegar por se fixeramos algo grave, merecemos polo menos que se nos trate ben!

QUE VAMOS COA FAMILIA E COS AMIGOS! Que non teño porque aguantar que me deixen de tramposo diante dos amigos, da miña muller e do meu neniño de 10 meses (aínda que o pobre non se entere aínda)...
Se somos deportivos e transparentes, o mínimo é que non nos enganen nin nos deixen quedar por falsos.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4781 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 21:59
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

El hilo de la carrera está en el foro de montaña,no dupliquemos ...

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 22:11
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

A verdade que esta carreira foi fermosa e dura a partes iguais a min persoalmente encantoume, por outra banda entendo totalmente o que di Pablo eu presenciei ese momento tan incómodo.

Eu quedei dos primeiros e nesa zona era fácil perderse de feito eu perdín moita distancia cos de diante por ter que andar a mirar por onde tiña que ir, por unha parte entendo a descalificación xa que en certo modo as normas son pra todos e por outra parte pareceume demasiado inxusto o trato que che deron (imaxino que non se te avisou por as presas de última hora).

En fin esta é a cara máis fea deste deporte, oxalá non lle gardes rencor a organización e volvas nas proximas edicións para que podas redimirte.

Un forte abrazo e moito ánimo
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Sáb, 04 Mar 2017, 22:17
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

Hola chicos, como comenta Lihto más arriba, ya hay un foro abierto sobre el tema de esta carrera. Os pediría que por favor continuaseis con vuestros comentarios allí

www.correrengalicia.or...ic&t=19441

Muchas gracias! Sorriso
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
240 Carreiras
329 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Dom, 05 Mar 2017, 1:28
Asunto: Re: Carreira da Filloa 2017 - As cousas non se fan así!

Muy bien la carrera hasta los pinchos...No por la organización si no por los GORRONES que se pusieron en la zona que la organización tenía para cortar empanadas y demás...Y que allí postrados ya no permitían que esas bandejas fuesen llegando a los demás,por cierto,familiares de un corredor que se llevó a los pinchos a media familia,tan si quiera fuesen corredores,Pero algun@ llevó media familia y le dió ya de comer pa toda la semana,no contentos aún vinieron a las otras mesas a por agua...En fin
SEÑOR@S SE TRATA DE UNOS PINCHOS PARA PICAR ALGO Y COMENTAR LA CARRERA,NO DE UNA CENA PARA MEDIA FAMILIA.
Por lo demás carrera bonita y no puedo valorar el incidente de los primeros porque desconozco las versiones,un saludo!




*********** MOD. ********************

Certo!, as cousas non se fan así: abrir un fío para queixarse dunha carreira que XA ten fí

*********** PECHADO ATE QUE SE UNAN OS DOUS FÍOS **************






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos