Mar, 25 Dec 2007, 19:25
Asunto: San Cibrao
Carreira fermosa: ambientazo de atletismo popular: nenos, e unha notable participación feminina, moitos populares de verdade: e ao final penso que pasabamos de 400. Os amigos de correr de Ourense e arredores, andabamos por San Cibrao o domingo. Canto máis popular sexa unha prova máis avanzamos, maior nivel acada o noso deporte e a nosa sociedade. Tristes carreiras nas que só van catro "galgos" e tres veciños. San Cibrao vai na boa liña de achegarnos as sociedades máis avanzadas neste sentido: emocióname ver chegar a xente moi afastada dos primeiros: tanto ten. ¿Só se pode correr a menos de 5´ por quilómetro?
Galiza ten estas cousas: Temos, como dí Afiador, a posibilidade de correr en Xinzo 10 quilómetros totalmente chairos, e temos, como non, ducias de provas menos monótonas e máis intrépidas: curvas, costas, repeitos, terra, cortalumes; témolas en cidades, en vilas, en aldeas, á beira do mar e a 1.700 metros de altitude; ....
Cada prova ten o seu encanto: este ano que remata tuvemos a sorte de poder participar en moitas e diversas provas desde Ribadeo ata a Garda e desde Ferrol ata Xinzo, casi todas organizadas con cariño e eficacia.
Parabéns ao Afiador por acadar en San Cibro un brillante 3º posto xeral, a menos de 7 segundos por quilómetro do primeiro.
P.D.: Que ningúen deixe de asistir a unha San Silvestre alí onde estee.