Xov, 23 Mar 2017, 12:04
Asunto: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo
celtaatletismo.es/blog...cument.pdf
O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán o vindeiro 8 de abril o “III MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”. Será a terceira edición dunha competición na que, como organizadores, pretendemos achegar ás pistas de atletismo os atletas populares e as súas familias, deixando por un día o asfalto polo tartán.
A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial. Haberá cronometraxe eléctrica controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Inscricións: A inscrición farase a través do enlace
www.carreirasgalegas.c...ddff159a5a
O prazo de inscrición rematará o xoves 6 de abril ás 20:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
Entrega do dorsal: Os dorsais recolleranse na zona de secretaría da pista o mesmo día da competición, cunha hora de antelación sobre a proba na que se participe.
Horario:
10:00 h. 500m. INFANTIL M – H.
10:20 h. 500m. ALEVÍN M – H.
10:40 h. 500m. BENXAMÍN M – H. ¿XOGAS O ATLETISMO?.
11:00 h. 100 m. PRE-BEXAMÍN M – H.
11:20 h. 600 m. CADETE M – H.
11:40 h. Milla. XUV. ata VET. MULLERES.
12:00 h. Milla. XUV. ata VET. HOMES.
12:30 h. ENTREGA DE PREMIOS.
Entregarase trofeo o 1º clasificado e medallas o 2º e 3º clasificado de cada proba e categoría. Todos os atletas de categoría pre-benxamín recibirán unha medalla conmemorativa da proba. Ademáis, entregaranse outros agasallos doados polos patrocinadores da competición.
¡Esperámosvos na terceira edición do noso Meeting Popular!