Foros ›
III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 25 Mar 2017, 15:00
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Hola
Pois nin decepcion nin desculpas, o meu ver estades avisando ca antelación mais que suficiente a efectos de programar e tomar a decisión de participar ou non
A nova data segue sendo perfecta, no que a miña opinión respeta, como grande de Galicia, non coincide con ninguna outra.
Saludos
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 27 Mar 2017, 10:16
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)


Este sábado pasado tivemos un novo día de traballo para pechar o trail longo.

Día ben aproveitado e que deu os frutos apetecibles. Inda que toda Organización busca a súa carreira perfecta, as veces ten que valorar moitas variables antes de acometer certas modificacións.


Este ano imos modificar uns tramos co fin de quitar tramos de pista no trail curto e no trail longo. Outras modificacións quedarán para o ano 2018.


Os percorridos das diferentes categorías terán as seguintes distancias:

-Prebenxamíns (6 e 7 anos): 700 mts.
-Benxamíns (8 e 9 anos) e alevíns (10 e 11 anos): 1 km 200 mts.
-Infantís (12 e 13 anos) e cadetes (14 e 15 anos): 2 kms 700 mts.
-Xuvenís (16 e 17 anos) e parellas (mixtas ou do mesmo sexo): 14 kms.
-Senior (18 a 35 anos), Veteran@s A (36 a 49 anos) e Veteran@s B (50 anos en diante):
A) Trail Curto: 14 kms.
B) Trail Longo: 29 kms.

Seguiremos informando.

JBregua

Novo foreiro
Novo foreiro
25/10/14
0 Carreiras
35 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 28 Mar 2017, 19:19
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

ESTAMOS ATENTOS ÁS NOVIDADES...

5K ------- 00:18:59
10K ------- 00:38:26
21K ------- 01:27:05

Luuuuuumeeeeeeeeeee!!!
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Ven, 07 Abr 2017, 13:35
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Antes de que comecemos un fin de semana caluroso e que chama a perdernos polas maravillas da natureza espalladas polo mundo adiante deixámosvos duas informacións relativas o III Trail Encontro Monte Pindo en formato imaxe.

Boa fin de semana e bos adestramentos.



acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Ven, 28 Abr 2017, 11:57
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

¡Inscrición abertas en: Galitiming!.

Acabamos de abrilas fai uns minutos. Pregamos que antes de inscribirvos consultedes o regulamento existente na mesma plataforma.

Deixamos o cartaz provisional que irase actualizando a medida que vaiamos pechando acordos coas diferentes casas comerciais e empresas.



¡Esperámosvos a tod@s cos brazos abertos!

Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Abr 2017, 12:33
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Boas, de que desnivel é a prioba longa e que por que tipo de terreo será?
Ides poñer tempos de corte? O digo, pq 29 kms polo Pindo e saindo as 17:00, quizaís alguns acabemos/acaben xa de noite.
Un saudo.
RubénB.

Maratoniano
Maratoniano
13/12/15
20 Carreiras
149 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Abr 2017, 22:19
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Outro ano mais... Inscrito,a ver si este ano remato o trail longo algo mais enteiro que o ano pasado e disfruto coma mínimo o mesmo!!
Lemacial

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/10/13
1 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Mai 2017, 11:30
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Rufino escribió:
Boas, de que desnivel é a prioba longa e que por que tipo de terreo será?
Ides poñer tempos de corte? O digo, pq 29 kms polo Pindo e saindo as 17:00, quizaís alguns acabemos/acaben xa de noite.
Un saudo.
Hola
o desnivel da proba, sendo similar os últimos anos, estará por 1.100/1.300 positivos..
o recorrido de técnico a moi técnico, porque o pisteo e mínimo, tendo en conta que a subida e baixada a Moa por sitios distintos, son 12 kms onde non podes perder nin un segundo a concentración de onde pisas, ademáis a baixada da Moa a meta son 600 metros de desnivel en 5 kms, para min e a baixada mais brutal e técnica que te podes encontrar en Galicia, ademáis a calor que normalmente fai endurece se cabe mais a proba.
Deixoche un video dos amigos do GMTA, que varios anos organizaron a proba para o seu circuito e tes outros centos en YouTube, tanto das probas como da zona
Vaiche gustar, espero que che sirva para decidir vir
www.youtube.com/v/40PCH_fA9oM
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 01 Mai 2017, 12:16
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Bos días:

Os datos oficiais en canto a desnivel serán os seguintes:

TRAIL LONGO (29K): 1477 mts desnivel positivo, 1470 mts desnivel negativo.

TRAIL CURTO (14K): 621 mts desnivel positivo, 623 mts desnivel negativo.

En canto o terreo, indicar que hai de todo: un treito de asfalto, pista, sendeiros, baixadas e subidas técnicas, zonas rápidas, zonas lentas, ...

En canto o que comentas do tempo de corte a falta de analizalo facendo todo o recorrido está pensado para chegar ó derradeiro avituallamento en 4:00-4:15 horas. O ano pasado o corte de tempo estivo alí mesmo en 3:45 horas e pasáronno todos os corredores de maneira folgada. Ademais este ano as probas adultas comezan 15 minutos antes. Tamén recomendaremos o que os participantes do longo leven frontal por si acaso o tiveran que usar. As veces mais vale previr que lamentar.

Por último dicir que a proba que realizaban os compañeiros de GMTA e ésta non son comparables. Se ben teñen puntos comúns en canto a recorrido, no seu conxunto son totalmente diferentes. O III Trail Encontro Monte Pindo é bastante mais corrible sen perder a esencia da dureza das zonas técnicas e pedregosas.

acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Xov, 04 Mai 2017, 9:32
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Bos días trailer@s. Deixamos aquí imaxes dos percorridos e perfís das probas trail curto (14K) e trail longo (29K).

Esperamos que sirvan como motivación para compartir con nós o III Trail Encontro Monte Pindo.

Recordade, inscricións abertas en: encontropindo.galitiming.com/

TRAIL CURTO


TRAIL LONGO


acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 08 Mai 2017, 11:35
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Bos días. As veces unha imaxe vale mais que mil palabras.

Deixamos unha imaxe cunha visión xeral dos diferentes percorridos previstos para o III Trail Encontro Monte Pindo.

As incricións están abertas en encontropindo.galitiming.com/


acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Mér, 10 Mai 2017, 18:20
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Boas tardes, xa estamos a metade de semana e aquí deixamos rexistro gráfico dos diferentes percorridos dirixidos as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

Esperemos que vos gusten e poidamos ter a moitos rapaces e rapazas disfrutando da natureza.

Inscricións abertas en encontropindo.galitiming.com/.







acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Xov, 11 Mai 2017, 9:08
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Onte mostramos os percorridos das categorías infantís. Hoxe imos mostrarvos os das categorías xuvenil, parellas e adultos.

Dúas distancias a escoller: 14 ou 29 kilómetros. Escollades a que escollades non vos ides arrepentir. Paisaxes naturais de gran valor e de gran beleza espéranvos no III Trail Encontro Monte Pindo.

As incrición están abertas en encontropindo.galitiming.com/. O vindeiro 15 de xullo queremos saudarvos a tod@s.




mingoos

Foreiro infantil
Foreiro infantil
30/09/13
16 Carreiras
104 Mensaxes
lugo
Respostar citando Envío Lun, 15 Mai 2017, 21:18
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Boas, o curto e o mismo recorrido do ano pasado?
graciñas e un saudo
acdrpedramar

Organización
Organización
30/10/14
0 Carreiras
175 Mensaxes
O Pindo (Carnota)
Respostar citando Envío Lun, 15 Mai 2017, 23:10
Asunto: Re: III Trail Encontro Monte Pindo (15/07/2017)

Boas noites mingoos:

No Trail Curto cambia o parte do camiño de subida do 2º avituallamento (Caldebarcos) cara As Lamas. Con ese troco quitamos unha zona de pista en prol de sendeiro. A distancia non muda.

Onde sí notaranse mais cambios é no Trail Longo.

E intención ir mudando ano a ano pista por sendeiro. Pero dependemos das Autoridades para poder implementalas.

Este ano mudamos uns tramos, para o ano xa temos outros tramos a vista e así seguiremos traballando edición a edición para mellorar no posible as diferentes probas.

Moitas grazas polo teu interese e gustaríaos saudarte no vindeiro 15 de xullo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos