Lun, 03 Abr 2017, 6:50
Asunto: Re: Diario de Sanmikel
De sobra, de sobra non foi que me sobrase moito..
Marzo rematou con 201 km.
Esta semana estiven a punto de non ir a Vig-Bay, despois de 2 visitas o fisio o luns, e pois o venres.
O dor no xeonllo esquerdo foi moi alto, que incluso coxeei varios días. Un dor punzante. Despois da visita do luns, parece un diagnóstica claro: pinzamento ou fisura da bolsa sinovial. A dor desaparece a ritmos altos, pero tan pronto o baixo, volta a doer. O fisio me dixo que correse, que non tiña nada grave, que con un pouco de repouso posterior chegaba. Por o menos me quitou o medo que tiña enriba.
En toda a semana so saín a entrear o Mércores, que xa contei o entreo.
O sábado foi a Reconquista en Vigo, e digamos que non fixen dieta, nin me moderei en demasía con licores. Coa familia, uns amigos, e tamén nos acompañou "lihto".
O domingo me levantei con relativamente pouca resaca.
Iso si, me larguei ibuprofeno para a alma, e réflex para o xeonllo.
Saín cara Samil trotando, onde había quedado con Lihto e o Doutor, pero ai foi o primer intento de abortar a Carreira, a dor no xeonllo esquerdo era moi punzante. Se arranxou parando, e indo andando.
Conversa e saúdos con coñecidos e amigos, fotokedada, con Seixi, Meiga, Amina, Dr. Slump, Jotaeme, Baoes, Matogrosso...
Quecemento mínimo, basicamente unhas rectas e uns cambios de ritmo.
Saída rápida que pica un pouco para abaixo, primeiro km en 3:40, e rebaixando o ritmo. Me colle Yomismo no km2, e o deixo ir, pois xa vou a 3:55, onde me pasaron un grupo do CAR con Pancho, Maike e Miguel Ángel, os cales non sigo, pois sei que van mellor que eu.
Ata aquí pensei en parar varias veces, pois me punzaba o xeonllo esquerdo, pero tras 2 ou tres pelexas mentais, pensaba en que tiña que ir andando ata Baiona, e pasaba, que ía tardar, así que tirei, e despois das subidas, os dores se esconderon.
A subida de Canido e despois a de Mide as fago con certa moderación, pero tan pronto pasamos a subida, e sabendo que o perfil e en costa abaixo, me deixo ir, sen apretar en demasía, saíndo eses 6 km a 3:47 de media.
Paso o km 10 en 39:08 netos.
Baixando praia América xa había pasado a Miguel Ángel e Pancho. Maikel vai diante miña, pero o paso de alí a un pouco.
Paso o km 15 en Praia América en 58:28.
As pernas me pesan non me dan, xa teño que empezar a tirar de cachola para correr e manter ritmos. Se me fai eterna a volta a Monte Lourido, onde creo que vou fundido, pero os parciais din que o fixen por debaixo de 4.
Os últimos 4k, foron un querer e non poder, estiven loitando coa sensación de baixar, pero me ía convencendo para non baixar o ritmo por o reloxo, pois a sensación que levaba correndo e que ía moito máis lento.
Non baixe o ritmo, pero me costou o seu, non foi o típico que fago km finais forte a 3:45, esta vez, teño que dar grazas, pois non sei de onde saquei forzas e os últimos 4km aínda fun capaz a facelos a 3:52 de media.
Entrei en meta en 1:22:17 netos por o meu cronómetro, e máis contento do que contaba.
Acabo de comprobar fai uns minutos, que é a miña segunda mellor marca.
Repito, contento, quiteime a espiña que tiña desta carreira no 2015.
Despois ducha rápida, cervexas, e comida coa Familia, con Seixi, Iria, Lihto e Begoña.
A semán remata con 2 saídas e 35km.
Igual que este Diario, que chegou o seu fin.
Tiña dous cometidos, o primeiro era axudarme e obrigarme a entrear, algo que fixo con creces. O segundo era ter un plan, seguilo e rematalo, pero debido as circunstancias non foi posible.
Grazas por estar por aquí lendo e escribindo.
Saúdos.