Mar, 25 Abr 2017, 17:55
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)
Boa tarde, coincidimos totalmente coa túa opinión ManelVazquez, pedíronnos que se fixera así e así o fixemos, nos guste ou non a policía é unha parte importante no desenvolvemento da proba e son os que teñen que dar os permisos para que se poida celebrar, e dito esto, deixamos a información que nos pedides.
Como xa apuntamos en varias ocasións, e prácticamente chan, somente ten unha pequena costa duns 50m. aprox., ídela atopar no 0,6km e no 5,6km xa que son dúas voltas a un trazado de 5km, polo resto é un percorrido moi rápido, Deixamos imaxe do perfil.
O da homologación dependerá da información que recollamos das vosas opinións, homologar un trazado costa cartos e queremos asegurarnos de que agrada á maioría, doutro xeito non ten sentido.
Haberá servizo de gardarroupa no mesmo punto no que se recollen os dorsais.