Mér, 26 Abr 2017, 14:52
Asunto: Re: Diario de Recu... objetivo Coruña 42 2018
tintin escribió: |
Abriremos una lista en la que aportaremos nuestras opiniones como corredores que se deberían mejorar o reforzar en la próxima edición. La haremos llegar a los estamentos correspondientes. |
Estupenda iniciativa, mostra do compromiso con esta nosa carreira. Para min, a carreira ten aspectos positivos que se deben potenciar e que moitas veces non se mencionan, quedando resaltados só os aspectos negativos. Entre os aspectos positivos que se mencionan está o papel desempeñado polo voluntariado, pero hai outros salientábeis, como por exemplo o prezo da inscrición, que me parece moi axustado, dos mellores que coñezo, e con compoñentes sociais (desempregados/as,...).
Aspectos a mellorar tamén os hai, e a continuación vou mencionar algúns, pero desde a miña modesta opinión, que algúns non compartirán, de que hai receptividade diante das críticas, polo que aplaudo a intención de debatelas, sacando leccións de experiencias vividas aquí e noutros sitios, co obxectivo de facelas "llegar a los estamentos correspondientes". Comezo a comentar eses aspectos mellorábeis, moitos dos cales tedes xa comentado:
1. Apertura do período de inscricións. Se todo vai ben, non participarei na C42 2018. Por que? Porque o derradeiro domingo de febreiro de 2018 penso participar noutra maratón, ao que xa estou anotado, e dous meses máis tarde (C42) non estarei en condicións de correr outro. Tentarei participar no C10 paralelo. Subliño este feito: dez meses antes da celebración xa estou inscrito. E isto é o normal, e aquí debe facerse o mesmo: dar a oportunidade de anotarse con tempo e non abrir o período de inscricións dous meses antes.
2. Publicación de diversos aspectos organizativos. Cando se abre o período de inscricións, xa se aclaran cuestións que aquí non se fan: circuíto, globos que vai haber,... Debemos ir nese camiño. No asunto dos globos, con tempo creo que se pode facer unha oferta máis completa (3h15min).
3. Feira do corredor. Descoñezo as razóns polas que desapareceu. Ao mellor son poderosas, pero en principio é un asunto moi interesante (que ben está en Porto!, que cutre é a de Donostia, a pesar de levar 39 edicións!, ...). Os postos de material, as charlas,... que houbo nas primeiras edicións paréceme algo ao que hai que volver. Isto prexudicaría a un comercio que nos obriga a levarnos en romaría ao seu local? Cales serían as consecuencias? Sería interesante dispoñer de datos, pero nun principio a carreira saería gañando volvendo a Palexco ou outro local polo estilo.
4. Pasta party. Porto, Valencia (aquí, loxicamente, arroz), ... ofrécenna. Por que aquí desapareceu? Hai motivos? Sería interesante coñecelos, pero a simple vista parece positiva a súa existencia.
5. Animación na carreira. Nas primeiras edicións houbo unhas animacións das que sentirse orgullosos e orgullosas, superando a outras maratóns con máis experiencia (en Donostia 2016 case inexistente, en Valencia 2015 ben pero con pouca variación, en Porto os nosos irmáns o fan moi ben). Paréceme moi positivo retomala.
6. Recollida de restos despois dos avituallamentos. En Donostia 2016 (39ª edición) quedei abraiado coa case total inexistencia, convertendo a maratón nunha carreira perigosa polos obstáculos que te podías atopar no asfalto, incluídas botellas con líquido provistas de tapón. Aquí ben, pero se pode mellorar poñendo os contedores (ou outro sistema) un pouco máis alonxados entre si: cando eu remataba de beber, os contedores xa quedaran atrás [sería porque eu ía demasiado rápido?
]
7. Publicidade da carreira por distintos medios. En Porto 2014 persoas da organización de aquí daban postais facendo publicidade de C42. Ben. Siguése facendo alí? Noutros sitios? Non o sei, pero paréceme interesante. Contrátase publicidade en revistas de atletismo?. Tampouco o sei porque eu persoalmente non as compro, chégame con ler as aportacións de Tintín no foro
.Pero me parece importante para lograr aumentar a participación de persoas de fóra.
8. Patrocinador. Se a miña ignorancia nos temas anteriores fai que me atreva a opinar, neste asunto o descoñecemento é total, pero vexo que moitas maratóns teñen un nome relacionado cun patrocinador. Vantaxes e inconveniente? Sería positivo buscalo aquí?
Grazas pola vosa atención e perdón pola leria, pero nos une o amor á única maratón en Galicia [unha vez que pasabamos por Riazor durante a carreira, un corredor dixo que non comprendía á xente que prefería correr en Madrid ese día en vez de disfrutar do que tiñamos diante dos nosos ollos] e queremos e podemos facer unha carreira da que nos sintamos orgullosos.