Mar, 09 Mai 2017, 13:46
Asunto: Re: IV Volta á Illa de Ons (14/05/2017)
Este ano queremos homenaxear a unha das atletas mais completas da nosa comarca como é Belén Lemat Cabral, unha muller incansable que leva moitisimos anos na elite nacional e autonomica en varias modalidades de Atletismo. Tanto sexa correndo coma nadando ou en bici ten un palmarés ó nivel de calquera deportista dos que enchen as páxinas dos periodicos cada día, queremos destacar algúns dos seus logros como foron os podios no seu grupo de idade a nivel nacional:
• Campionatos de España de duatlon: 3ª no ano 2005, 2ª no ano 2007, 2ª no ano 2008, 3ª no ano 2009, 2ª no ano 2010, 2ª no ano 2011, 1ª no ano 2012, 2ª no ano 2013, 1ª no ano 2014, 2ª no ano 2015
• Campionato de España de triatlon de longa distancia: 3ª veteran no ano 2007, 2ª veterán no ano 2008, 3ª no ano 2009, 3ª ABSOLUTA º no ano 2010
• Campionato de España de duatlón Cros: 2ª no ano 2008, 2ª no ano 2010, 1ª no ano 2011
• Campionato de España de triatlón Cros: 3ª no ano 2008, 3ª no ano 2010
• Campionato de España de triatlón Sprint: 1ª no ano 2011
• Campionato de España de duatlón de longa distancia: 3ª no ano 2016
Tamén cabe destacar as súas participación a nivel internacional como foron a súa 12ª posición no compionato do mundo de Atletismo para veteráns na proba de 10.000m no ano 2005, 15ª posto no campionato de Europa de Triatlón do ano 2008, un 3º posto no campionato do mundo de Triatlón Cros e un 10º posto no campionato de Europa de Triatlón no ano 2011. Participou e foi quen de terminar a Titan Desert do ano 2015 sendo a primeira muller galega en facelo na historia.
A nivel autónomico é campeona galega en numerosas ocasions nas modalidades deportivas de Duatlón e Duatlón Cros, Triatlón,Triatlón Cros e Triatlón de longa distancia, Cuadratlón, Cros, Triatlón e moitisimas outras modalidades, tamén ven sendo costume mirala subir o mais alto do podio nas probas de 400m, 800m e 1500m nos campionatos galegos tanto en pista cuberta como pista ó aire libre. Este domingo se tedes a sorte de topar con ela (vai participar na proba) non dudedes en pedirlle unha foto¡¡
Fotos no facebook do clube:
Belen Lemat