Mar, 11 Abr 2017, 11:29
Asunto: RUN RUN VIGO, Circuito de carreiras
Como ben sabedes, o Circuito de Carreiras Run Run Vigo, daba comezo o pasado domingo 2 co medio maratón VIG-BAY, polo que abrimos este fío para informaros de todas as probas restantes.
Deixámosvos o regulamento do circuito e lembrámosvos que todos aqueles que participastes na primeira das carreiras xa formades parte do circuito , polo que vos convidámosvos a que nos acompañedes no resto de probas pertencentes o Run Run Vigo.
Podedes seguirnos tamén a través da nosa
web ,
facebook e
twitter.
NORMAS REGULADORAS DO CIRCUÍTO RUNRUNVIGO 2017:
1.- PROBAS DO CIRCUÍTO:
2.- CATEGORÍAS PARTICIPANTES:
Os/As atletas quedarán inscritos a efectos de clasificación no circuíto por ano de nacemento.
O/A atleta que, a nivel federativo, por cuestións relacionadas coa súa data de nacemento,
cambie de categoría en parte das probas, puntuará, a efectos do circuíto, na categoría inicialmente inscrito.
Os/As atletas das categorías 2, 3 e 4 poderán competir na categoría 1 unicamente se o especifican á organización na primeira proba na que se inscriban.
3.- INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL “CIRCUITO DE CARREIRAS
POPULARES RUNRUNVIGO 2017”:
· Automática: Os/as participantes inscritos/as en calquera das probas quedarán incluídos automaticamente no circuíto RunRunVigo 2017 salvo petición contraria escrita dirixida polo/a atleta á organización do circuíto.
· Gratuíta: A inscrición no circuíto é gratuíta.
· Independente: A inscrición no circuíto RunRunVigo 2017 é independente da que se realiza en cada unha das probas. Polo tanto, independentemente de estar inscritos no circuíto, o/a atleta deberá formalizar a inscrición en cada unha das probas segundo as normas específicas de cada unha delas.
· Clasificación de Club: Haberá unha clasificación final por equipos.
4.- INFORMACIÓN XERAL DO CIRCUITO RUNRUNVIGO 2017:
Dispoñíbel en
www.runrunvigo.vigo.org, www.vigo.org, www.vide.es e
www.championchipnorte.com .
A listaxe coas puntuacións parciais da cada un dos e das participantes exporase na web do circuíto
www.runrunvigo.vigo.org, na web da Concellería de Deportes (www.vigo.org ) e na da Fundación VIDE (
www.vide.es ).
5.- PUNTUACIÓNS DAS PROBAS:
Os e as participantes no circuíto irán conseguindo puntuacións en cada unha das probas,
as cales irán sumándose. A puntuación sairá da clasificación particular por categoría dos inscritos no circuíto segundo os tempos en cada proba do circuito.
6.- CONTROL E XESTIÓN DE RESULTADOS:
O Control e xestión dos resultados das probas estará centralizado a través dunha plataforma única, championchipnorte.com. O Concello de Vigo, actualizará as clasificacións cos datos aportados por cada unha das probas, e publicará a clasificación.
O Concello de Vigo non se fai responsable dos posibles erros nas clasificacións remitidas por cada un dos organizadores das probas.
7.- PREMIOS FINAIS POR CATEGORÍAS:
7.1.- Os premios en metálico ós/ás gañadores/as do circuíto outórganse con independencia dos que cada unha das probas entrega ós mesmos.
Categorías* 1º Clasificado/a 2º Clasificado/a 3º Clasificado/a
*Para ter dereito ó premio metálico, o/a atleta deberá ter rematadas como mínimo 6 probas, e a categoría deberá contar cun mínimo de 5
atletas inscritos/as que remataran polo menos 6 probas. Nas categorías F-3 e F-4 non haberá participación mínima esixida para optar ós
premios en metálico. A estes importes aplicaranse as retencións obrigatorias por lei.
· Criterios de desempate: En caso de empate, utilizaranse os seguintes criterios no orde que se detalla en caso de persistir o empate:
· 1º criterio: Nº de probas disputadas ó final do circuíto.
· 2º criterio: Nº de probas gañadas.
· 3º criterio: Mellor posto na derradeira carreira do circuíto.
· Galardóns para campións e campioas do circuíto RunRunVigo 2017: ó remate do circuíto, farase entrega nun acto de clausura do campionato dos premios correspondentes ós gañadores e as gañadoras do Circuíto RunRunVigo 2017 en cada unha das categorías.
7.2.- PREMIO MELLOR CLUBE CIRCUÍTO RUNRUNVIGO 2017:
A organización outorgará o trofeo ó mellor club do circuíto 2017. Na clasificación de entidades, irán computando os puntos que consigan todos os atletas de cada un dos clubs.
8.- RECLAMACIÓNS:
Os participantes no circuíto terán 5 días naturais desde a publicación da clasificación de cada unha das probas para remitir por escrito calquera reclamación á dirección de correo electrónico: vide @ vide.es.
Praza do Rei s/n. 36202 Vigo – 10ª P
Telf: 986.81 02 95 / 986.81 02 37 – Fax 986 22 47 77
web:www.vigo.org - email: concelleriadeportes @ vigo.org
runrunvigo_17_cartel.png
|
Descrición:
|
Run Run Vigo 2017. |
Visto: |
7076 veces |
|