Xov, 07 Dec 2017, 11:26
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Grazas pola rebenvida Meigalicix!!!
Continúo coa actualización do diario, un breve recorrido polos últimos meses. Hoxe o seguinte capítulo:
*Crónica da Maratona de Porto*
Retomo na Maratóna de Porto, o 5 de novembro de 2017. Esta foi a miña 6ª maratón, e a primeira na que viaxo o propio día da maratón (dende Vigo). As miñas cinco anteriores foron:
27/04/2014: Coruña42 3:13:14
02/11/2014: Porto 3:31:25
19/04/2015: Coruña42 3:13:19
25/09/2016: Moscú 3:40:49
28/05/2017: Ratisbona 3:21:53
A idea era facer coma en Ratisbona, comezar moi suave e logo ir aumentando ritmo pouco a pouco para chegar aos 4'30"/km a metade de carreira (así fixen alí 3h21'). Porén, despois de estar cos compañeiros do CARMA na saída e falar cun deles, Lete, animeime a ir con el, que ía intentar acercarse ás 3h10'. Pensamos en ir ata a media maratón a 4'30"-4'35"/km e a partir de ahí decidir. Bueno, decidir el, eu tiña moi claro que de ningunha forma podía aumentar máis o ritmo.
Finalmente os tempos sairon así:
km 10: 46'04"
km 20: 1h31'34" (45'30")
km 30: 2h16'49" (45'15")
km 40: 3h02'39" (45'50")
FINAL: 3h13'02"
1ª MM: 1h36'30"
2ª MM: 1h36'32"
O primeiro km saiu moi lento polo tráfico, pero a partir de ahí collimos ritmo. No km 8 alcanzamos á lebre de 3h15', no km 11 nos puxemos por diante dela, e a partir do km 14 comezamos a escaparnos segundo a segundo. Con isto, chegamos á media maratón a ritmo exacto de 3h13'. Despois duns kms máis xuntos, el decidiu aumentar uns segundiños o ritmo, mentres que eu preferín manter e non arriscar nada (xa arriscara demasiado saindo a ese ritmo!). A partir do km 33 as pernas non deixaron de queixarse e doían moito. Ese km saiu máis lento. Pero nun intento de non deixarme vencer, o seguinte km (34) saiu en 4'27", volvendo logo ao chip de sufrimento. Dende este momento e ata os últimos metros, nos que el colleu aos seus fillos para entrar en meta, corrín coa compañía dun atleta portugués. Cheguei a meta en 3h13'02", mellor marca persoal máis que inesperada!!!
Cada maratón é especial, ten a súa historia. As miñas espectativas para esta eran poucas e o medo a pinchar como en Porto ou Moscú eran grandes. Certo é que na primeira tiven unha caída no km 13 na que me rompín varias uñas, e na segunda viña dunha viaxe de 12 días por Rusia. Desta vez a situación non era tan mala, pero a preparación era pouca de novo. Pero saiu unha moi boa carreira. A máis constante de todas. Sen pinchar en ningún momento (tan só os 2 últimos kms os fixen en 4'40"-4'45") e sendo máis constante que nunca (na Coruña42 de 2014 pinchei nos últimos 5kms un pouco e na de 2015 aumentei o ritmo dende o 38 xunto a Mateotn). Así que creo que foi unha carreira moi completa e intelixente. Bueno, intelixente a posteriori, porque a priori era un pouco osado o ritmo no que saín, pese a que saiu ben.
En definitiva, unha gran experiencia. Disfrutando a chegada como se fose a primeira, e con ganas de repetir por suposto! jejeje
Apertas e boa ponte para quen a teña!
Disfruta da chegada da choiva, que benvida sexa