Dom, 18 Xuñ 2017, 19:36
Asunto: Re: Os 21 do Camiño (17/6/2017)
Se asistin onte a carreira, ademáis de por ser unha das carreiras que máis me gusta, como levo todas as edicións corridas, desexaba seguir mantendo ese feito.
Acordábame do mal que o pasaromos hai 2 anos cos 31º da saida, eu especialmente os derradeiros 5/6 Kms.
Así que este ano tocaba superarse cos 37º que tiñamos a saida, polo que asistín máis que mentalizado de que o obxetivo ia ser correla sen sufrir, con esas temperaturas non se pode disfrutar.
Saida a un ritmo moi lento, xa que non quentara nada, 1ºKm. para tomar o contacto en 5'42", cando vou chegando ao 2º Km. xa levo a boca seca e a cara encharcada en sudor, (estou tolo ou que), moita xente me adianta nestes primeiros momentos, ainda que hai moita xente que se ve que vai regulando outros paréceme a min que o van a pagar máis tarde.
Da gusto cando empezan a aparecer as primeiras mangueiras que nos refrescan e por suposto o 1º avituallamento, a auga está fresquiña (unha constante en toda a carreia), eu sigo a un ritmo moi lento ao paso de novo por Palas, xa levamos uns cantos Kms. e imos ven, buscando calqueira sombra que apareza, xa que o sol escaldame.
Chegada ao paseo fluvial, con grandes tramos de sombra, tramo que invita a aumentar o ritmo, pero eu sigo ca miña marcheta. con casegue todos os Kms. por riba dos 5'Km.
Nas primeiras costas longas a xente sa escomenza a andar, ainda queda moito como para facelo. Chego ao km10 en 53', pero sigoo indo relativamente ben, estamos a piques de chegar a subida cronometrada, obxetivo, non deixar de correr, a maior parte dos que levo por diante van andando, teño que ir zig-zagueando para adiantalos, neste tramo de 1'600 vexo agora que pasei a 61 corredores (pasaría a outros 68 corredores ata o remate), chegada arriba, parada breve no avituallamento para recuperar folgos e beber con calma no vaso, e a seguir.
Ao pouco de pasar o Km13 o GPS, quedouse sen batería, xa o levaba posto para ver só a distancia recorrida e que me ensinara o parcial de cada Km. Onte non era día para ritmos.
Agora só queda como duro , duro o tramo do polígono, seguimos con ese ritmiño, que me fai ir relativamente cómodo, en cada avituallamento bebo en cantidade e en cada mangueira bótome literalmente enriba dela.
Sigo adiantando xente, sobre todo nos tramos de subida, estamos chegando a Furelos, xa se palpa o ambientazo que hai sempre ahí, impresionante o apoio da xente, polo que inconscientemente aumento o ritmo e ao pouco de sair toca frearse novamente.
Estamos no peor tramo da carreira, no polígono, un dos máis feos, solitarios e todo subida ata rematar, dándonos de cheo este sol matador, pero a carreira xa está caseque rematada. Entramos na estrada nacional para percorrer os derradeiros mts. aumentando o ritmo e poñendo boa cara para agradecer o ánimo da multitude, unha festa do atletismo popular.
Entrada en meta en 1h50'57" oficial o peor tempo con diferencia das miñas 117 medias maratóns de asfalto; o 116 tempo e 1h46'59" de hai 2 anos aquí tamén.
Pero moi contento, xa que en ningún momento fun mal e rematei bastante mellor que hai 2 anos.
Como anecdota, vexo en Championchip que o meu ritmo neto na carreira é de 5'15" dende o primeiro cronometraxe ata o final, polo que me sorprende a regularidade levada de principio a fin
Un saudo e esperádeme para A VI EDICIÓN DOS 21 DO CAMIÑO.