Foros ›
I Trail e Andaina Naturfest en Rois
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Sáb, 10 Xuñ 2017, 11:21
Asunto: I Trail e Andaina Naturfest en Rois

Boas,

Estamos a organizar un trail e acompañarase cunha andaina (para os/as que o desexen, e especialmente para eses/as acompañantes) o próximo 29/07 na Ermida do Soutullo en Quintans-Urdilde (Rois) de 20 km.mais ou menos.

Queriamos que vos animásedes a participar e a compartir coa Asociación "OBRADOIRO DE CULTURA TRADICIONAL CHORIMA" un día de deporte e diversión variada. Ás 10:30h o trail e mais a andaina (ésta non é competitiva), haberá servizo de gardaría para que todos e todas as que queiran poidan conciliar de certo a vida deportiva e familiar. A asociación estaremos no lugar de Saída/Meta e que á sua vez será o lugar da romaría, onde ademais da festa deportiva, tamén haberá xogos para os nenos, xantar campestre e actuacións variadas para os nosos visitantes!!!
....SEGUIREMOS INFORMANDO.... PERO RESERVA ESE DÍA!!!!
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Sáb, 10 Xuñ 2017, 11:24
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

Lugar da Saída e Meta? goo.gl/maps/93uhx5199zr
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Lun, 12 Xuñ 2017, 13:45
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

gracias Miote, estudiaremos ir.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Sáb, 17 Xuñ 2017, 23:49
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

tras darlle voltas o tema o trail quedase en 13.8km e 580m+.
o trazado non ten moita dificultade tecnica,solo unha baixada brava.
pero no km 5.8 xa ides levar 400m+ , que xa son metros nesa distancia.

a dureza vaina marcar cada un co seu ritmo,xa que aqueles que teñan boas pernas teñen cancha para dar zapatilla.

consideramos que para empezar na primeira edicion pode ser unha distancia interesante,xa que permite os pura sangre pelearse entre eles,e o mesmo tempo deixa que moitos vaian probando o monte sin tirarse a unha kilometrada.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Lun, 19 Xuñ 2017, 16:57
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

Vas organizar algunha quedada para recoñecer o recorrido?

Teño gañas de ver se o trazado tén o selo do auténtico Cesgti...

Mantennos informados...
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Mar, 20 Xuñ 2017, 14:26
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

Boas a todos e a todas!!! Logo de andar dándolle unhas voltiñas ao tema, volto para darvos un pouquiño de información!!! Xa podedes ver quén é o artífice do percorrido ( o señor Manuel Ces), que xa de antemán quero agradecerlle a súa axuda á agrupación de baile tradicional Chorima e facilitarnos o traballo que custa o de facer os circuitos (Trail e Andaina) e a súa sinalización.
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Mar, 20 Xuñ 2017, 14:29
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

Qué agradable ver que xa empeza a animarse esto e os nosos amigos xa empezan a apoiarnos cando empezamos co nerviosismo!!!
Grazas a TioJuan e a Anxinho!!! Bueno, pois como dixo Ces, teremos un trail de case 14 km. e a andaina de 10. Pensamos que en Xullo vai quentar moito e non debemos pasarnos coa quilometraxe!!!
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Mar, 20 Xuñ 2017, 14:39
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

Tanto o Trail como a Andaina están feitos coa intención de:
1º fomentar o deporte por todos e todas. Teremos servizo de gardería.
2º fomentar a participación de moita xente. O trail para os/as que queirades competir e a andaina para os/as que queiran gastar calorías e divertirse andando.
3º Sentirse parte da natureza. Tanto nas probas deportivas como o xantar será nun lugar emblemático de Rois (A Capela ou Ermida do Soutullo), un lugar puramente natural e eso sí, teño que avisar que non contaremos con baños nin con duchas. Hai un río un pouquiño mais abaixo da carballeira.
4º Tentaremos axudar a concienciar a todos e a todas en que debemos manter limpa a natureza, e poñemos por exemplo aos corredores e corredoras de trail, que pasan moitas horas polos montes adiante e gustan de disfrutar dun monte limpo de lixo e sen a intervención da mán do home, que case sempre é para mal da natureza.
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Mar, 20 Xuñ 2017, 14:45
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

No trail temos pensado premiar con trofeos :
*aos tres primeiros homes e tres primeiras mulleres da categoría Xeral.
* aos tres primeiros homes e mulleres de entre 40 e 49 anos
* aos tres primeiros homes e mulleres ata 39

E tamén queremos premiar aos equipos! Por iso terán trofeo o equipo que presente mais homes e o equipo que presente mais mulleres e que finalicen a proba.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mar, 20 Xuñ 2017, 22:03
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

MIOTE escribió:
No trail temos pensado premiar con trofeos :
*aos tres primeiros homes e tres primeiras mulleres da categoría Xeral.
* aos tres primeiros homes e mulleres de entre 40 e 49 anos
* aos tres primeiros homes e mulleres ata 39

E tamén queremos premiar aos equipos! Por iso terán trofeo o equipo que presente mais homes e o equipo que presente mais mulleres e que finalicen a proba.

mmmm...

a categoria veterano parte en 40 anos,pero non ten limite.

si os veteranos mais rapidos teñen 55 anos,pois benvidos sean.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mar, 20 Xuñ 2017, 22:11
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

anxinho escribió:
Vas organizar algunha quedada para recoñecer o recorrido?

Teño gañas de ver se o trazado tén o selo do auténtico Cesgti...

Mantennos informados...

tou esperando a que medren as silvas e os toxos.
despois un fousiño a cada un e organizo unha quedada,jajajajaja.

ahora sin coñas,podese organizar unha quedada,pero sendo realista e un trazado pensado para correr.
na primeira edicion "decidin" non arriscar cun trazado nin moi tecnico nin moi longo.(ollo que tampouco ides rascar a barrija).
gustariame algo de uns 21km con 1.000+ ,pero tocara esperar a ver como sae este, e quizas para o ano.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Lun, 26 Xuñ 2017, 18:39
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

bueno,as inscripcions xa estan abertas.

xa sei que esperades o final por si acaso vos mancades ou vos surge algo, pero non vos esquencer ehhh!!!

naturfestrois.galitiming.com/
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Mér, 28 Xuñ 2017, 16:49
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

Deixate de lerias Cesgti e pon data para recoñecer ese trazado e darlle o visto bo...

A verdade é que me tés do máis intrigado.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Mér, 28 Xuñ 2017, 18:01
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

anxinho escribió:
Deixate de lerias Cesgti e pon data para recoñecer ese trazado e darlle o visto bo...

A verdade é que me tés do máis intrigado.

este finde achegome a Picos de Europa rompelo corpo, si veño enteiro poñemos fecha.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Xov, 06 Xul 2017, 17:03
Asunto: Re: I TRAIL E ANDAINA NATURFEST EN ROIS

Cesgti estáste facendo o remolón... cónstame que chegastes enteiro de Picos de Europa así que xa tardas en poñer data para a revisión do recorrido.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos