Sáb, 17 Xuñ 2017, 18:08
Asunto: Re: Medio Maratón do Gran Camiño, 9 de Xullo
Atención.
Máis novidades para a proba:
A partir de hoxe os atletas participantes na Media Maratón O GRAN CAMIÑO poderán participar nun XANTAR DE CONFRATERNIDADE ao rematar a proba xunto cos seus acompañantes e amigos. Será necesario facer a reserva para o xantar no momento de formalizar a inscrición; ahí teredes unhas opcións para o xantar.
O Concello do Pino habilitará unha carpa para este xantar de confraternidade entre atletas, acompañantes e organización. O prezo do menú é de 16 euros para os adultos e de 10 euros para os menores de 12 anos.
Os adultos poderán degustar: empanada, polbo, xamón asado, postre, café e bebidas.
Para os máis cativos o menú consta de croquetas, pizza, xamón asado, postre e bebidas.
A continuación incluimos os enlaces de interese, todos eles da web
www.emesports.es:
- Inscrición na proba e no xantar:
http://emesports.es/inscribirse/?race=4218
- Regulamento da media maratón O Gran Camiño:
http://bit.ly/2rH8r5c
- Información da proba:
http://bit.ly/2rBEybi
O servicio de xantar é opcional por si alguén o require. A zona de meta, por si alguén non a coñece está situada a carón da piscina municipa, un área recreativa moi atractiva para e confortable.
Aquí un par de fotos da zona:
Todos aqueles que xa formalizaron a inscrición se desexan reservar este xantar poden escribir un em@il a deportes @ concellodeopino.com onde se lle indicará como proceder.