Dom, 18 Xuñ 2017, 9:52
Asunto: TRAIL GALAICA 2017 - NOCTURNA DE BOBORÁS 29/07
.Agradecervos profundamente unha vez máis os comentarios e a vosa comprensión dos feitos.
Agora xa toca centrarse na nocturna de Boborás, 5ª proba do circuito que se celebrará o sábado 29 de xullo a partir das 22 horas.
A proba sairá de Pazos de Arenteiro e terá varias novidades respecto ao pasado ano. Entre elas un aumento da distancia que sube ate os 18,2 km de percorrido, e unha saída que se fai en sentido contrario aproveitando toda a canle do río e pasando por riba dun dos iconos emblemáticos do pobo:
A meta estará ubicada no polideportivo municipal de Boborás onde teredes que acudir para que vós despracen en autobús ate a liña de saída na Igrexa de Pazos de Arenteiro. Ao remate haberá, como o pasado ano un picnic gratuito con cervexas, tortillas, queixos e productos típicos galegos.
O luns abriremos as inscricións cunha oferta durante todo o mes de xuño de prezo reducido.
Grazas!!