Dom, 16 Xul 2017, 20:05
Asunto: Re: II Carreira Popular do Apóstolo – A Laracha (22/07/2017)
ÚLTIMOS TRES DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA II CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO DE VILAÑO, A LARACHA
Presentamos aos máximos favoritos a alzarse coa victoria absoluta entre os anotados actualmente.
Ademáis da xa coñecida presencia do triatleta internacional e natural de A Laracha DAVID CASTRO, que será un dos máximos favoritos, o evento será testigo de outros atletas de recoñecido prestixio.
MANUEL OLIVER PÉREZ "MANUTE" é un clásico nos podiums das carreiras desta zona. O seu currículum deportivo destaca por ser o campión galego de media maratón (2011), campión galego veterán 10 km en pista (2012) e terceiro clasificado M40 no campionato de España de 10 km en ruta.
ÁNGEL MACEIRAS é outro veterán curtido nas carreiras populares, capaz de correr os 10 km por debaixo de 34 minutos. Ademáis foi o terceiro clasificado absoluto na primeira edición desta Carreira Popular.
O santiagués AMADOR PENA é o vixente campión e actual líder destacado do Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e gañador de máis de 40 probas nos últimos 5 anos.
O triatleta coruñés NICOLÁS DOMÍNGUEZ foi o segundo clasificado absoluto na primeira edición desta proba. Ven de gañar o triatlón popular Concello de Oleiros e acumula no seu palmarés postos destacados en diferentes carreiras poulares.
Na categoría feminina destaca a presencia da mazaricana ROCIO ALVITE. Gañadora en varias edicións e actual líder do Circuito Correndo pola Costa da Morte. Gañou recentemente a media maratón Os 21 do Camiño. Campiona de Europa M35 en 10 km e en media maratón no ano 2016.
Son xá 400 os inscritos (web+presenciales), ven a participar nesta festa do deporte.