Mar, 04 Xul 2017, 8:08
Asunto: Re: I TRAIL PADRÓN "DESAFÍO VÉRTICE" 2017
I TRAIL PADRÓN
“DESAFÍO VÉRTICE” 2017
Reglamento e Programa
1.-
ORGANIZACION E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice e o Concello de Padrón, organizan o I Trail Padrón “Desafío Vértice” 2017, que se celebrará o día 2 Setembro do 2017, con saída en A Agrela (Teo) e chegada en Padrón (Praza de Macías).
1.2.- Tipo de proba.
Modalidade competitiva con unha distancia de 21 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.400 m e un desnivel acumulado de 3.000 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
3 Avituallamentos (líquido + sólido)
O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños eólicos (Km 14), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará as antenas do monte Meda. Alí estará o 3º avituallamento, desde o cal, estes corredores seguirán o trazado da proba como o resto de participantes.
2.-
PERCORRIDO
2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela, recorre os montes de Lampai en dirección o monte Meda, coroando as 5 cimas máis importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque, Castelo Redondo e o Meda.
Elevación máxima: 448 m
Elevación mínima: 13 m
Pendente máxima de subida: 41%
Pendente máxima de baixada: 33,7%
Distancia de asfalto acumulada: 0,7 km,s
3.-
PROGRAMA
02 de Setembro (sábado)
15:00 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Praza de Macias en Padrón- Zona de Meta)
16:00 – Fin da entrega de dorsais.
Inicio de transporte (autobuses desde a praza da feira) dos corredores para a saída en A Agrela.
17:00 – Saída da proba
20:00 – Corte horario (desvío obrigatorio) no alto dos muíños eólicos (Km 14).
19:30 – Chegada prevista dos primeiros corredores.
20:30 – Cerimonia de entrega de premios
21:00 – Peche de Meta.
4.-
PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de calor, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.
4.3.- Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en algún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo tanto, estes tramos non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-550 (xa no casco urbano de Padrón), paso de peóns, onde haberá persoal xestionando ese punto (Km 19).
Coordenadas: 42º44´40.86´´N 8º39´22.72´O
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.
4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do I Trail Padrón “Desafío Vértice” 2017, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o CDM Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
5.-
INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 200 prazas. Si antes da fecha de peche de inscricións (30 de agosto de 2017), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.
5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 03 de xullo de 2017, a través da páxina web
galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.
Prezo da inscrición: 15€
Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com
A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.
6.-
CATEGORÍAS E PREMIOS
6.1.- Categoría absoluta masculina e feminina
Veteranos (+40) masculina e feminina
con trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).
Premio especial o primeiro corredor masculino e feminino na subida a Pena das Cruces. (Km 4,5 o Km 5,2 +222m)
7.-
AVITUALLAMENTOS
7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos:
Km. 6,4 – Mirador Pena da Agrela - Líquido + Sólido
Km. 10,5 – Cruce estrada CP-6502 - Líquido + Sólido
Km. 15,5 – Monte Meda - Líquido + Sólido
8.-
MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
8.1.- Motivos de descalificación:
Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido
Entrar na meta sin dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa
9.-
RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias: 622 144066.
9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.
10.-
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 20:30h
11.-
OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).
11.2.- Coordenadas GPS
-Meta/Recollida de dorsal: 42º44´17.15´´N 8º39´39.40´O (Praza de Macías)
-Saída Trail: 42º47´00.85´´N 8º37´08.16´O (aldea de A Agrela)
-Duchas: 42º44´07.45´´N 8º39´39.05´O (Pabellón municipal lugar do Souto)
11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos o y desde o lugar en que se desenrola a carreira.
11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
Última revisión: 03/07/2017