Sáb, 15 Xul 2017, 18:53
Asunto: Ao Xalo polo Santiago! Carreira e andaina en Castelo
Dez quilómetros polo Xalo, con saída ás 10.30 horas desde a praza de Folgueira e chegada na polideportiva de Castelo. Un avituallamento intermedio para todos os participantes, ao que accederán todos os inscritos, que terán ata o venres para anotarse a través de
www.castelodeporte.gal ou en Casa Rodríguez. A inscrición incluirá un agasallo, o correspondente seguro de accidentes, e por suposto: un ticket para participar do xantar en Castelo.
A Comisión de Festas de Castelo programa para o
domingo 23 de xullo unha carreira e unha andaina duns dez quilómetros cun percorrido inédito polo Xalo.
Á mañá deporte, e desde o mediodía festa! Sobre as 14.30 horas haberá sesión vermú co grupo Antha na polideportiva de Castelo, e un gran xantar popular con paella, empanada, postre, café e bebida para os participantes nas probas deportivas e tamén para todos os veciños.
Á tarde, campionato de tute e xogos infantiles, para rematar coa verbena do grupo Antha para pechar o primeiro día dunhas festas que, como cada ano, terán en xullo o seu primeiro prato, que completará a finais de agosto o San Ramón.
www.castelodeporte.gal