Ven, 11 Ago 2017, 16:28
Asunto: Re: Diario maratonian@ objetivo C42K2018
pepefouto escribió: |
Yo puedo buscar estudios serios (académicos) sobre el impacto económico que un maratón genera sobre una ciudad, para tener argumentos que darle al concello. |
Se se realiza a xunta cos responsábeis da organización de C42, creo que sería interesante dispoñer dalgún estudo. Gracias.
Tal como quedei, paso a presentarvos a lista de melloras que fomos propoñendo nos fíos relacionados coa maratón cara a consolidar e afortalar a nosa C42. Temos que ser conscientes de que algunhas das medidas non se solucionarán na vindeira edición, pero se trata de ir camiñando (ou trotando) cara á súa consolidación. Gustaríame que mostrárades o voso acordo ou desacordo con elas. Numero as propostas para que vos refirades a elas e porque a continuación comentarei algunhas delas. E se agradecerían engadidos. Comezo:
Precarreira
1. Publicación da data de celebración da maratón con moito tempo de antelación.
2. Apertura do período de inscricións con bastante tempo de antelación.
3. Estabilidade do circuíto proposto.
4. Páxina web específica e enchida de contidos con tempo.
5. Consecución de propostas de aloxamento en condicións ventaxosas para os corredores.
6. Oferta de lebres máis ampla.
7. Organización da feira do corredor nun sitio céntrico. Inclusión de actividades paralelas.
8. Organización dunha comida da pasta.
9. Organización de actividades de animación durante a carreira.
10. Promoción da carreira a través de diferentes medios.
11. Mellora da bolsa do corredor e supresión dos premios en metálico.
12. Proposta de relacionar a celebración da M.M. e a Maratón. Diferenza entre elas de 4 semanas.
13. Patrocinador?
Carreira
14. Contedores para recoller o lixo máis alonxados dos avituallamentos.
15. Avituallamentos máis longos, especialmente os primeiros.
16. Supresión dos carteis publicitarios que diminúan o ancho da recta de meta.
17. Conos que faciliten o xiro máis aberto na Casa da Auga.
Poscarreira
18. Gravación do tempo neto e non do tempo oficial na medalla.
Comentarios a algúns puntos.
1. Xa está feita para esta edición. Necesaria para as nosas planificacións.
3. Non se debe andar modificando cada poucas edicións (ademais é antieconómico). Pode gustarnos ou non, pero coincidimos que o actual é un circuíto rápido.
6. Levamos varias edicións sen o globo de 3:15. No caso de que non se atopen persoas para unha determinada marca, pódense pedir voluntarios e voluntarias para facer relevos.
10. Presenza nalgúns maratóns de persoas ou de algún posto na feira correspondente para entregar publicidade de C42. Anuncios en prensa especializada.
11. Especialmente unha camiseta digna. A proposta de supresión dos premios en metálico fíxoma verbalmente unha persoa que o tivo, o que o dignifica en canto que pon os intereses xerais por enriba dos particulares.
12. Os plans de adestramento adoitan recomendar facer unha M.M. catro semanas antes da maratón (Valencia 22 de outubro e 19 de novembro de 2017, Sevilla 28 de xaneiro e 25 de febreiro,...) como test. Porén, aquí hai unha diferenza de 8 semanas. Sería cuestión de achegar as datas atrasando unha, adiantando a outra ou movendo as dúas. A Vig-Bai non é a solución (diferenza coa celebración da maratón de 1 semana en 2016, 3 en 2017).
13. É discutíbel. Algunhas persoas ven o xeito de conseguir cartos e impulsar a C42 (publicidade, bolsa do corredor,...)
15. Aspecto positivo (tamén hai que sinalalos) da última edición: o voluntariado ofreceu auga na última volta desde a mediana da estrada ás persoas que íamos máis ou menos "tocadas" na recta cara a Oza.
18. Outro aspecto positivo da nosa C42: o servizo de gravación da medalla faise sen ningún custe. Na mairía das maratóns cóbrase por este servizo.