Lun, 07 Ago 2017, 10:16
Asunto: Re: VII CARREIRA CONCELLO DE MESÍA, (5/08/2017).
Mesía é unha carreira de sensacións. Sensacións de popular, de sinxeleza, de carreira "real" sen moita parafernalia que, ás veces, despista.
Acó non. Non te podes despistar porque a carreira non te deixa. Subes ou baixas pero en calqueira das situacións tes que estar atento. Carreiros estreitos, lama, pedras, algo de asfalto, xiros, grava, rectas longas e tendidas, baixadas en zig-zag.
María definiuna moi ben. "Carreira dura, como un trail pero por corredoiras". Dende logo non é para "runners" e máis para xente que lle gusta correr.
Do resto que dicir, duchas a carón da meta, pinchos, moi bo ambiente, avituallamento exquisito, todo facilidades e a coste cero.
Particularmente creo que foi un gran acerto o cambio de sentido do circuito. As costas son as mismas, é certo, pero case diría que facemos unha carreira de 10.5 km e logo unha milla.
Moitas grazas por todo.