Lun, 14 Ago 2017, 12:15
Asunto: Re: II Carreira-Andaina Benéfica "Castelo da Lúa"
Despois da fermosa xornada deportiva vivida o sábado, desde o Servizo de Deportes queremos agradecer a tod@s @s deportistas, mais de 400, a súa participación e contribución ao fin benéfico da carreira así como o seu bo ánimo e gañas, que converteron a proba nunha autentica festa.
Temos tamén que agradecer e recoñecer o traballo de toda a xente que está detrás dun evento destas características e sen os que sería imposible levalo a cabo: voluntari@s, Barbantia Roda S.D., Club Atletismo Rianxo, Protección Civil Rianxo, Protección Civil de Outes, Piscina Municipal de Rianxo, Policia Local de Rianxo, Difusion ProSport, EME Sports e Departamento de Obras do Concello.
Por último, facer fincapé unha vez mais na importancia dos proxectos que desenvolve a
Asociación Ambar en prol das persoas con diversidade funcional.
En breve publicaremos o importe do recadado polos distintos conceptos, cantidade que se entregará a ÁMBAR.
Vémonos o ano que ven!!!