Sáb, 12 Ago 2017, 18:52
Asunto: Re: XXVII Carreira popular de Os Vilares,Guitiriz ( 12/08/17
Estivo ben. Carreira típica do rural, non masificada e organizada sen maiores complicacións. Pouca xente, supoño que pola hora. O circuito, un 5K sempre é intenso, e con perfil ondulado coma este, la muerte si te pasas de ritmo en la salida
Tardou un pouco en facerse a ceremonia de premiacións, pero ao so haber trofeos aos gañadores/as nas categorías, rematou nun plis-plas. Para quen vaia en plan romería, pois está ben, porque así non hai présas. Quen teña que estar na casa para comer, xa é outra historia
Non descarto repetir, aínda que estou xa máis nunha etapa de ir probando novas carreiras pola xeografía galega que ir sistemáticamente ás mesmas cada tempada