Lun, 21 Ago 2017, 11:01
Asunto: [TRI] I TRÍATLON CONCELLO DE RIANXO - (02/09/2017)
O vindeiro sábado
2 de setembro ás 17:00 h, celebrarase o
I TRÍATLON CONCELLO DE RIANXO, organizado por Concello de Rianxo, Federación Galega de Tríatlon e Lodeco S.L.U. na modalidade Sprint:
- 0,750 km de natación (1 volta)
- 20 km en bicicleta (4 voltas)
- 5 km de carreira a pé (3 voltas)
Inscricións: Ata o martes día 29 de agosto.
Limitado a 250 plazas por rigurosa orde de inscrición
Completadas as prazas, abrirase unha lista de espera por orde de chegada de solicitude enviando un mail a fegatri@hotmail.com indicando no asunto Lista de espera Rianxo con todos os datos persoais (nome, apelidos, DNI, tlf. Email).
* *O mércores 30 de agosto tras coñecer as baixas farase a comunicación por correo electrónico aos deportistas da lista de espera que entren na proba. Terán para formalizar a inscrición ata ese mesmo día, mércores 30, ás 23:59h.
A inscrición realizarase on-line a través da web da Federación Galega de Tríatlon,
www.fegatri.org, no apartado,
Regulamentos/Inscricións. O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV.
Podedes consultar o regulamento completo a través da web
Federación Galega de Tríatlon