Xov, 14 Set 2017, 4:31
Asunto: Re: CARRERA DE LA MUJER 2017
pois a min resúltame curioso o fenómeno e a capacidade de convocatoria. Pero máis por ignorancia propia que por considerar que sexa un evento con connotacións negativas obxetivas.
Igual é porque os
patrocinadores (que lles saen polas orellas) fan un exercicio de
márquetin fenómeno, son canales de comunicación con acceso a un cliente que é totalmente alleo a correrengalicia (que fai o que pode pero somos un nicho pequeno comparado cos mass media e multinacionais). Pero vamos,
algunha persona que participe ben podía abrir un fío aquí.
Autocrítica. E aquí habería que preguntarse por qué non o fixo, qué fai que CorrerEnGalicia non fose unha referencia para algunha de esas personas. Sendo Coruña unha cidade pequena faiseme extraño que ninguén tivese interese en promocionala aquí.
Pode que esta web esté "
demasiado" orientada a compoñente competitiva do deporte? Que non sexamos tamén un lugar de encontro para o aspecto lúdico que ten correr? Que as mulleres que participan en ese evento non o consideran
correr se non máis ben unha
festa a que foron invitadas? Con respecto a esto último, na súa web fálase de clasificacións, plans de adestramento,etc. así que é promocionada como unha
carreira.
Personalmente, e é un prexuizo negativo por non coñecer a ninguén que participe en ese evento, trátase de unha acción de márquetin e como tal debe ser considerada.
-- Chámame "ghose"