Lun, 18 Set 2017, 14:40
Asunto: Re: IV TRAIL CASTELO DE VITRES (BOIRO) - 20 KMS 1100 D+
Queda xa menos dunha semán pra carreira,e practicamente todo atado,solo queda a predicción metereolóxica,que en principio da ceos despexados e temperatura a hora da carreira duns 15 grados,ou sexa condicións ideais pa correr,claro está,menos pra os que lles gusta frío e barro que terán que esperar o inverno.
Aparte do xa anunciado noutro post anterior,temos máis regalos para bolsa de corredor e sorteos:un desconto dun 15%en productos da marca HOKO mediante código desconto que atoparedes na bolsa de corredor.Tamén máis productos para sortear:un vale de 30 euros na tenda de deportes SEÑOR BALON de Boiro e varias luces frontales e de bici doados por TRIÑANES SL.Tamén para os que consigan podiums nas diferentes categorias vamos ter os habituais trofeos,así como diferentes premios consistentes en valoración físico-deportivas aportadas por ECOSPORTBARBANZA,e algún material deportivo.
O esforzo que fixemos este ano para que a xente se vaia con unha mellor impresión que anos anteriores,si cabe, foi tremendo,vexase bolsa corredor,regalos a sortear,premios,avituallimento fin de carreira,oferta de pernoctación e manutención,etc,así que esperamos que o que teña algunha dúbida en participar soamente polo trazado,se lle disipe de inmediato,jajaja..
E xa que falei do trazado,vou dar a miña opinión del:si o dos anos anteriores gustou, o deste ano non vai deixar indiferente a ninguén, algún dirá que é duro,outros que tecnico,outros que moi bravo, pero eu o que digo é que o que lle gusta o monte, e do que eu vin pola nosa terra,non hai outro percorrido tan traballado como este, no que tan solo estivo exento de desbroce a saida dende a rúa peatonal de Boiro,algo necesario para dar visibilidade a proba.E como último apunte,decir que ainda que son o redor de 20 km, e para os montunos representa unha distancia reducida,asegurovos que ides disfrutar e sufrir a partes iguais,jajaja.
vemonos en Boiro o Domingo