Foros ›
XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 23 Set 2017, 12:37
Asunto: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Preme aquí e sigue o evento no noso Facebook para manterte informado!!!

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: Sábado 21/10/2017
Hora: 17:00 h.
Saída e chegada: Teira - Corrubedo (Ribeira)
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.arousa.com e www.galitiming.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 12 km.
Custe inscrición: 9€
Duchas: Polideportivo de Sirves
Data límite inscrición: 20 de outubro ás 10:00 h.
Colabora: Sachacamiños Clube de Montaña, Asociación de Veciños de Carreira, Senda XXI, Concello de Riveira e Asoc. de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira

PRESENTACIÓN

Chegamos á decimo primeira edición da Carreira Campo a Través do Corgo - Corrubedo, con importantes cambios respeto ás últimas edicións e recuperando o aire inicial que tan popular e coñecida fixo a un dos primeiros "trails" de Galicia. Cun percorrido costeiro, a carón do mar, e en dirección ao maxestuoso Faro de Corrubedo, pondrá aos corredores en apenas catro kilómetros a transitar polos agrestes camiños do Cabo de Corrubedo, co mar rachando enfurecido baixo os seus pes; e si chegar ata alí foi toda unha satisfacción, o retorno non será para menos, porque voltamos a pisar as areas, sempre blandas das praias de Balieiros e Espiñeirido. Pero as sorpresas ainda non rematan ahí, porque quédanos por pisar monte, bosques de piñeiros, e algo de barro: Monte Facho, espéranos antes de chegar novamente á aldea de Teira donde o calor dos veciños, e o acolledor do lugar fan ca chegada dos participantes unha festa.

Na Carreira do Corgo non se presentan desniveles nin perfiles que podan asustar a aquel@s que queren debutar no trail, nin que boten para atrás aos máis experimentados. É unha carreira deseñada para chegar a tod@s, para completala con garantías, para disfrutala, e para correla.




Josekioto

Maratoniano
Maratoniano
29/12/12
0 Carreiras
321 Mensaxes
BOIRO
Respostar citando Envío Mar, 26 Set 2017, 8:39
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Habra q intentar ir ....sera llana ....jajajja
artabro81

Montañés
Montañés
31/10/16
58 Carreiras
497 Mensaxes
Sada, Irixoa, Ames
Respostar citando Envío Mar, 26 Set 2017, 9:48
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Apuntada en mi agenda de posibles

Intento Mejorar y Superarme
C.A.R. Marisqueiro
Aguita

Super Veterano
Super Veterano
21/12/05
0 Carreiras
2825 Mensaxes
Avda. Aeropuerto, vigo
Respostar citando Envío Mar, 26 Set 2017, 14:18
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h

Xa estaba a pensar que non chegaba a data desta carreira, espero voltar a Teira por undecima vez Bailar Bailar Bailar Bailar

Como un pájaro en el alambre, como un borracho en un coro de medianoche, he intentado a mi manera ser libre. L.C.
BAÑOTELLI

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/12/16
0 Carreiras
72 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Set 2017, 19:42
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Boas!! Teño unha dúbida. Levo uns meses correndo populares de 10 k e quería comezar a facer algún Trail. Os que conocen esta carreira doutros anos recoméndanmo para iniciarme nesta disciplina? Con acabalo xa me conformo.,jeje. Grazas de antemán!
Taragonio

Montañés
Montañés
4/01/12
29 Carreiras
104 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Mar, 26 Set 2017, 21:35
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Habemos de ir a Teira¡Este ano si!
artabro81

Montañés
Montañés
31/10/16
58 Carreiras
497 Mensaxes
Sada, Irixoa, Ames
Respostar citando Envío Mér, 27 Set 2017, 7:10
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Espero poder volver a ver a Manolo Castiñeiras.

Intento Mejorar y Superarme
C.A.R. Marisqueiro
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Set 2017, 9:38
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

BAÑOTELLI escribió:
Boas!! Teño unha dúbida. Levo uns meses correndo populares de 10 k e quería comezar a facer algún Trail. Os que conocen esta carreira doutros anos recoméndanmo para iniciarme nesta disciplina? Con acabalo xa me conformo.,jeje. Grazas de antemán!

Para iniciarse no trail o recorrido este é o ideal: pola distancia (son 12 km), polo perfil que ten 239 m+, e casi todos no tramo final polo que chegarás "quentiño" a afrontalo.

E os que coñecen a proba dende a primeira edición (e non miro para ninguén: Aguita Sorriso ) saben que o recorrido orixinal que recuperamos este ano pese a ser sin desniveles positivos de infarto: chéjalle ben!!! A culpa: e da area, a lama, e o vento (que seguro que fai acto de presencia para non variar).

Pero por alí soltaremos a Manolo Castiñeiras para que vos axude con "lanzamiento de corredor" alí donde fora necesario. Aplauso
artabro81

Montañés
Montañés
31/10/16
58 Carreiras
497 Mensaxes
Sada, Irixoa, Ames
Respostar citando Envío Mér, 27 Set 2017, 10:34
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Bueno Vai Aguita, estará Manolo, a miña muller non me pon ningún reparo, paréceme a min que teño poucas excusas pra non apuntarme
Edu_Iglesias escribió:
Para iniciarse no trail o recorrido este é o ideal: pola distancia (son 12 km), polo perfil que ten 239 m+, e casi todos no tramo final polo que chegarás "quentiño" a afrontalo.

Pero por alí soltaremos a Manolo Castiñeiras para que vos axude con "lanzamiento de corredor" alí donde fora necesario. Aplauso


Intento Mejorar y Superarme
C.A.R. Marisqueiro


Última edición por artabro81 o Mér, 27 Set 2017, 10:54; editado 1 vez
BAÑOTELLI

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/12/16
0 Carreiras
72 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Set 2017, 10:52
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Moitas gracias pola aclaración Edu. Alí estaremos!!
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Mér, 27 Set 2017, 10:59
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

BAÑOTELLI escribió:
Boas!! Teño unha dúbida. Levo uns meses correndo populares de 10 k e quería comezar a facer algún Trail. Os que conocen esta carreira doutros anos recoméndanmo para iniciarme nesta disciplina? Con acabalo xa me conformo.,jeje. Grazas de antemán!

Non é a distancia o problema, nin o pérfil, o ritmo xa é outra cousa, o terreo é a gran diferencia. O ideal sería unha zapas de trail, ainda que cas de asfalto tamén o podes correr. Controlar a pisada, esa é a gran diferencia; procura estar atento a eso, saber donde pisas e como pisas, ten coidado con eso. O ritmo é diferente, vai tranquilo, os trails cargan máis as pernas, neste, i en casi todos; vas ter pequenos desniveis trialeros e tamén area, que sempre é moi complicado xestionar, casi o final tes o desnivel máis importante, que sempre son máis acentuados que no asfalto, polo tanto, reserva, sae tranquilo i espera ata o final para tirar si tes forzas.
Sobre todo, non te esquezas da pisada, é a gran diferencia, estate atento a eso.


Última edición por castiñeiras o Xov, 28 Set 2017, 21:38; editado 1 vez
Taragonio

Montañés
Montañés
4/01/12
29 Carreiras
104 Mensaxes
Boiro
Respostar citando Envío Mér, 27 Set 2017, 12:50
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Moi bos consellos, Castiñeiras.
Segundo a miña experiencia, o ideal é non levar reloxio, ir sen présa, trotando como che pida o corpo e reservando forza pra o final, porque sempre hai sorpresa Silbar . E o máis importante pra min é desfrutar da sensación de liberdade que che proporciona correr por Teira e a súa contorna Molón .
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 27 Set 2017, 16:07
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

Taragonio escribió:
Moi bos consellos, Castiñeiras.
Segundo a miña experiencia, o ideal é non levar reloxio, ir sen présa, trotando como che pida o corpo e reservando forza pra o final, porque sempre hai sorpresa Silbar . E o máis importante pra min é desfrutar da sensación de liberdade que che proporciona correr por Teira e a súa contorna Molón .

Eso sempre: É o derradeiro tramo de costa virxen que nos queda en Ribeira, e ídelo a disfrutar. Pasades por algunhas das praias de bolos (praias primixenias, das que había fai millóns de anos (non hai moitas en Galicia).
BAÑOTELLI

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/12/16
0 Carreiras
72 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Set 2017, 5:31
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)

castiñeiras escribió:
BAÑOTELLI escribió:
Boas!! Teño unha dúbida. Levo uns meses correndo populares de 10 k e quería comezar a facer algún Trail. Os que conocen esta carreira doutros anos recoméndanmo para iniciarme nesta disciplina? Con acabalo xa me conformo.,jeje. Grazas de antemán!

Non é a distancia o problema, nin o pérfil, o ritmo xa é outra cousa, o terreo é a gran diferencia. O ideal sería unha zapas de trail, ainda que cas de asfalto tamén o podes correr. Controlar a pisada, esa é a gran diferencia; procura estar atento a eso, saber donde pisas e como pisas, ten coidado con eso. O ritmo é diferente, vai tranquilo, os trails cargan máis as pernas, neste, i en casi todos; vas ter pequenos desniveis trialeros e tamén area, que sempre é moi complicado xestionar, casi o final tes o desnivel máis importante, que sempre son máis acentuados que no asfalto, polo tanto, reserva, sale tranquilo i espera ata o final para tirar si tes forzas.
Sobre todo, non te esquezas da pisada, é a gran diferencia, estate atento a eso.




Moitas gracias polos consellos Castiñeiras. Hei de telos moi en conta. De seguro que vou sufrir e sobre todo disfrutar! Vémonos alí!!
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 30 Set 2017, 9:32
Asunto: Re: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h

Non é por asustar, que medo non da, pero aquí queda o perfil deste ano.

Xa vedes que non ten grandes "sobre... saltos" Demo sorrindo







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos