Sáb, 23 Set 2017, 12:37
Asunto: XIª Carreira do Corgo - Corrubedo (21/10/2017 - 17:00 h)
Preme aquí e sigue o evento no noso Facebook para manterte informado!!!
INFORMACIÓN TÉCNICA
Día: Sábado 21/10/2017
Hora: 17:00 h.
Saída e chegada: Teira - Corrubedo (Ribeira)
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións:
www.arousa.com e
www.galitiming.com
Páxina web oficial:
www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 12 km.
Custe inscrición: 9€
Duchas: Polideportivo de Sirves
Data límite inscrición: 20 de outubro ás 10:00 h.
Colabora: Sachacamiños Clube de Montaña, Asociación de Veciños de Carreira, Senda XXI, Concello de Riveira e Asoc. de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira
PRESENTACIÓN
Chegamos á decimo primeira edición da Carreira Campo a Través do Corgo - Corrubedo, con importantes cambios respeto ás últimas edicións e recuperando o aire inicial que tan popular e coñecida fixo a un dos primeiros "trails" de Galicia. Cun percorrido costeiro, a carón do mar, e en dirección ao maxestuoso Faro de Corrubedo, pondrá aos corredores en apenas catro kilómetros a transitar polos agrestes camiños do Cabo de Corrubedo, co mar rachando enfurecido baixo os seus pes; e si chegar ata alí foi toda unha satisfacción, o retorno non será para menos, porque voltamos a pisar as areas, sempre blandas das praias de Balieiros e Espiñeirido. Pero as sorpresas ainda non rematan ahí, porque quédanos por pisar monte, bosques de piñeiros, e algo de barro: Monte Facho, espéranos antes de chegar novamente á aldea de Teira donde o calor dos veciños, e o acolledor do lugar fan ca chegada dos participantes unha festa.
Na Carreira do Corgo non se presentan desniveles nin perfiles que podan asustar a aquel@s que queren debutar no trail, nin que boten para atrás aos máis experimentados. É unha carreira deseñada para chegar a tod@s, para completala con garantías, para disfrutala, e para correla.