Lun, 16 Out 2017, 7:15
Asunto: Re: Trail en Santa Comba
Primeira vez que corro un trail.
Obxectivo conseguido: -finalizar enteiro.
O máximo que correra ata agora fora unha maratón e para min acabar un trail sen bicar o chan era un reto persoal.
Persoalmente sobroume o perderme dúas veces (pero xa contaba que ía pasar) e meterme no río pero eu seguín os que levaba diante
.
Non sei se é un circuito rápido, sei que escotei moitas veces: "isto é máis ben un cross...", ben, en calqueira caso a min pareceume suficientemente duro.
Das vistas síntoo pero como case sempre bastante me chega con respirar.
Paréceme que o Concello de Santa Comba ofrece moitas oportunidades deportivas e gratuítas (non entendo que nos esteamos a queixar do prezo das carreiras e acó queden casi a terceira parte das prazas sen cubrir
), así que sí agradecer moito, moitísimo a voluntarios e organización por unha tarde espectacular.
Personalmente, divertinme moito baixando como unha cabra e rematei bastante mellor do que esperaba (e do que me auguraban).
En definitva, moitas grazas a organización por permitirnos desfrutar de carreiróns coma este.