Lun, 21 Ago 2017, 16:46
Asunto: Re: IV Circuito Correndo pola Costa da Morte
A miña 5ª ou 6ª participación, e cada ano faixeme máis dura, e con moitísima calor para ser tan cedo. Pero todo isto o compensa a fermosura do lugar.
Coma sempre moi boa organización en todos os sentidos, pero comentar que levei a camiseta XL, que me deron dentro da bolsa para as duchas. E cando fun a collela xa non estaba enriba da miña mochila. Quero pensar que alguen a colleu por equivocación. E xa me vedes a min saindo sin camiseta do pabillón, xa que deixara a outra no coche.
Así que fun polo Concello novamente, e me facilitaron outra camiseta, a cal me gusta moito tanto no color coma no tacto.
Ogallá poda ser da partida moitas máis veces.