Ven, 23 Out 2015, 8:08
Asunto: Re: Media Maratón Pontevedra
Xa dei as miñas felicitacións á organización neste fío, porque penso que o merecen, é unha carreira moi bonita e moi ben organizada.
Pero agora en frío gustaríame facer un par de críticas, non precisamente á organización, se non a tódalas persoas individualmente. Son varias cousas:
1. Trato os voluntarios. Os voluntarios son uns "pringaos" que están ahí por una camiseta ou "obrigados" por pertencer a algún club ou situación similar. As veces vexo tratos hacia eles que non me parecen adecuados, por motivos como non abrir adecuadamente as botellas de auga, ou non colocarse no lugar exacto para recollelos chips en meta. Penso que se pode ser máis amable. Sempre se fala do que gaña ou do último en chegar, que merito teñen, etc, pois a min sempre me parece que os voluntarios son os que máis admiración merecen porque pringar un domingo ou sabado pola tarde por amor á arte merece un respeto.
2. Educación deportiva dos corredores. Creo que é unha virtud que vai a menos, a xente ve normal empurrar ou cousas polo estilo por adiantar un posto nunha carreira na que van a quedar na metade da taboa.
3. Educación cívica dos corredores. Si hai contedores e papeleras para botala botella ¿por qué se tira ó chan? É que si vas a gañar o entendo pero o mesmo de antes, si eres un popular ¿qué vas a perder? ¿1 segundo da túa marca? O domingo pola tarde subín pola rúa Real e había envoltorios de geles, pódeche caer nalgún caso pero penso que igual que tiñas un peto para levalo cheo telo para levalo valeiro de volta. Esto nas carreiras de monte ten peores consecuencias, aínda que vexo á xente máis concienciada.
Non sei penso que as veces temos demasiado presente un determinado posto nunha carreira, a foto, etc. e pasamos por alto cousas que son de sentido común.
Dar ejemplo no es la principal manera de influir sobre los demás; es la única manera.
Albert Einstein