Xov, 26 Out 2017, 6:44
Asunto: Re: Dopado de importación
Boas, quizaís moita xente no comparta a miña opinión pero eu, ata certo punto, podo entender que unha persoa que como dí no artigo "entrou en España nos baixos dun Camión con 17 anos" e que tén un traballo de media xornada se dope. Para ésta xente o deporte é a sua fonte de ingresos (becas, premios,....), ingresos, por certo, non moi altos.
O que me sorprende e que cando se fala de dopaxe case sempre se recurre o atletismo ou ciclismo, deportes bastante mal remunerados, ó meu parecer, en comparación con outros deportes maís populares nos cales se sabe que haí dopaxe pero curiosamente nunca se sanciona a ninguén.
Poderíamos falar do mal exemplo que están dando pero non creo que sexan mellor exemplo @s corredores/as que se dopan co único obxetivo de subirse a un podium nunha carreira popular, por que non nos engañemos, sí que os haí.
Saudos.