Lun, 30 Out 2017, 13:21
Asunto: Re: XL Carreira Popular Pedestre Santiago Compostela [29/10]
Primeiramente, darlle ánimos á rapaza que estaba na ambulancia en Vite, agardo que non fora nada.
A carreira xenial coma sempre, o que a rodea moi mellorable, coma sempre.
Corrin por primeira vez este ano a nocturna, e tiñan gardarroupa, imaxino que con menos pasta e ó final tiñan mais "historias alimenticias".
O de ternos detrás do concello pasando friaxe 15 min. ou mais, non ten xeito ningún, os soportais do concello totalmente desaproveitados. Coido que con dar a auga a mazá e as medallas por onde estaban os tenderetes de Vodafoe e Mcdonalds, amañabase, que a xente saíra hacia abaixo, e o que quixiese voltar á praza voltaba e o que non, xa podería sair por San Francisco ou por Carretas.
E agora un tirón de orellas para nos os corredores: por favor, sexamos coherentes e coñecedores do noso estado de forma, non e lóxico poñerse diante ou polo medio, para ir case andando antes de chegar ó final de Xoan XXIII.