Xov, 24 Xan 2008, 18:32
Asunto:
fitela escribió: |
Ni puto caso. Que coño tiene que ver que el fútbol sea una lacra social para que este hombre divague sobre si va a aguantar o no una media?
Yo creo que debe tener un trauma juvenil. Algún desengaño amoroso con algún futbolista. |
:=D> :=D> Te esmeraste para ser o teu primeiro mensaxe.
¡ A ver se falamos da Vig-Bay!. Sexa para ben ou para mal.
Cara, pois si que é cara, pero a ningún nos obrigan a ir.
Eu non dubido de que é a mellor media de Galicia en canto a organización, pero tamén debera de selo, xa que é a máis cara (das 7 que temos, so se paga nesta e en Pontevedra).
Para min en cambio o de que saias dun sitio e chegues a outro a tanta distancia non me parece nengunha ventaxa, senon todo o contrario, un atranco. Ou ben te ves nun autobus (ca perda de tempo que leva) ou tes que buscar un chofer para que te leve o coche ata Baiona.
A beleza do percorrido ninguén a discute, pero eu creo que a maioría non vai contemplando a paisaxe, e o da animación na saida o 90% son familiares ou amigos dos corredores e o longo do camiño non hai tanta salvo en Praia América e na chegada.
O da bolsa do corredor, quitando a camiseta polo xeral o resto son agasallos de patrocinadores, e o principio ainda te fai ilusión, pero cando levas unhas ducias de carreiras, xa che sobra de todo o que te poidan dar. Deberían de ter un pouco máis de imaxinación.
Seguro que me quedan algunhas críticas no tinteiro, de aquí o 6 de abril sairan.
Tamén ten cousas moi boas, como xa dixen antes Unha organización moi boa, unha páxina Web moi completa, facilidade de inscripción (aviso na casa con nº clave).
Moita animación na saida co "speaker", poder conseguir o dorsal o día antes, que te den a bolsa antes de correr (se non queres ir xa tes os agasallos
).
Circuito totalmente pechado o tránsito (seguridade é fundamental), bos avituallamentos sobre todo o do final.
E un percorrido que se dosificas ben nos 10 Kms, despois podes voar.
Ademáis de outras moitas cousas que de aquí o 6 de Abril sairán.