Mar, 28 Nov 2017, 7:28
Asunto: Re: Diario de Sanmikel
Menos mal que teño a amigos lendo os diarios e se atreven e decirche que estás moi delgado . Un puco si claro, pero con respecto a fai 6 meses, non como por alá no 2014. Fé de erratas: son pequeno, pero non estou nos osos; día 11 de novembro 65.1 kg en vez dos 56.1. (Na miña etapa de maioría de idade (21 anos),nunca tiven ese peso, me daría igual, con unha condición, non pasar fame...
Vamos o grano, e actualizamos.
Xoves 23, 1 hora de futbol sála.
Venres e sábado nada de nada.
Domingo unha das miñas carreira prefereidas, Media Maratón de Vilagarcía, o lado da miña casa de nacemento, pouco desprazamenteo.
Recollida moi áxil do dorsal e da camiseta, xa empezamos a saúdar a moitos coñecidos, Monte, Dr Slump, Moncho, Isaías, César, Miguel...
Tomei café con Gefreiter e una amigos, e cando me dei conta xa pasaban das 10:00, se me había olvidado a fotokedada.
Chegamos pero alí so estamabos poucos amiguetes, o final unha mini fotokedada con Gefreiter, papero, pepe losada e algún máis, nos vamos o coche, e o voltar unha macroquedada montada de aupa... como quen di todos os participantes nas escaleiras. Vilagarcía ten o record de fotokedadas multitudinarias, sen lugar a dúbidas.
Pouco quecemento, e saída case sen aviso.
A verdade e que non pensei nin que tempo quería facer, pois despois das series abortadas do mércores, non tiña nin idea.
Me coloquei en unha posición cómoda, onde creía, pero os 300m xa tiña diante uns 80 corredores como mínimo, eu flipaba. Saída moi cómodo, pero cando vin que ía con algún que sabía que ía para 1:20 e que sei que van moi estables, baixei o ritmo, para non pasarme.
Primer km a 3:45, sen despeinarme, me relaxei e deixei que fosen máis tranquilos, todos os pasos de tempo por os km homologados do circuíto.
Km 2 e km 3 a 3:56 calzados. Aquí ía en cabeza dun grupo de uns 15 corredores, onde un deles me recoñoceu de lebre do ano pasado.
Km 4 e 5 a 3:57 de media, xa era descarado, nin un relevo, era oficial: era a lebre de 1:23, nin un relevo, todos detrás, incluso en un tramo de uns 300m que daba un pouco o vento.
No seguinte saíu a 3:52, peguei un pequeno cambio para ver se algún se enteraba pero nada, todos me seguiron.
Km 7, 8 e 9 a 3:56 de media, todos a eses ritmos, pouca animación ,pero gaiteiros en varios puntos do recorrido que algo máis ameno o facían. No km 7 Pepe Losada, se vai, e ainda que vou ben, decido non seguilo.
Km 10 39:09.
km 11, 12 e 13 en 3:56, non camiou nada o panorama, xa que incluso me decían que ía moi constante, un grupo de uns 12 corredores.
En Vilaxoan, vimos moi pegada a nos nunha curva a lebre de 4, non lle levamaos nen 30 segundos, algúns pensaban que ian mal os cálculos, pero eu lle dixen que íamos para 1:23 baixos mantendose así.
O 14 sae e 3:59 en unha zona con uns 300m que nos da vento (so en dous tramos moi pequenos en todo o recorrido, non afectou case nada o vento).
15 e 16 en 3:54, o grupo se ruduce un pouco pois 2 corredores se van e algúns se quedan (eu xa non miro atrás me da igual), quero apretar máis pero as pernas xa empezan a queixarse, noto a falta de km, vou canso. Olvidome delas e sigo, 17 en 3:54 18 en 3:58, con un tramo de un pouco vento.
Faltan 3 km, podería pegar un cambio de ritmo e rebaixar un pouco , pero non me vexo con gañas, así que simpremente manteño e me deixo levar, ainda que ese esforzo fai qu eo 19 e 20 salgan en 3:50, e o úlitmo km en 3:45, e entrada en meta sen esprintar.
Podía haber sido unha motivación no km 17 ir a por Pepe que estaba a uns 100m miña, pero non foi aliciente suficiente para min, ademáis de que non quería quitarlle o seu momento facendolle unha pasada das de Mateo.
Tempo final de 1:22:23, un pouco lonxe do 1:21:04 que teño aquí fai 2 anos, pero a segundos das outra miñas marcas.
Saíu ben, controlei mentalmente o ritmo e non me deixei ir, pois sabía que o podía pagar nos km finais.
Unha posición de carreira moi discreta, 71 de 375, con un 27% dos chegados por debaixo de 1:25, e unh 48% por debaixo de 1:30, que non é broma!!!
Despois saúdos, conversas, moitas conversas, chocolate con churros, ducha, entrega de premeios e unhas cervexas en Vilgarcía; andres, xb74, césar, isaías, manu, moncho, dr. slump, e a archipremiada e mmp Montse, da que se ten que felicitar...
So me queda felicitar a Gefreiter que o final consigueu baixar o meu tempo de media, por o menos xa ten un hito máis que conmemorar..
Como curiosidade o ano pasado un rapaz que veu conmigo no grupo de 1:25, este ano fixo 1:20 pelados...
Aquí o que non correo voa.. Despois din que non entrenan.....
Como detalle, moi pouca participación femenina, case ínfima.
Mulcularmente ben, un pouco cargado o xemelgo esquerdo pero nada grave.
1:22:23, MediaMaratón, 3:54, 170ppm, 65,0 kg.
O luns descansei, e hoxe non sei...
Última edición por sanmikel o Mar, 28 Nov 2017, 12:04; editado 4 veces